UNIVERSITAS

Voluntarios en acción dende a Universidade de Vigo

pagina4a_result
photo_camera Dous dos voluntarios do programa de recuperación de equipos informáticos.

Un total de 22 acordos con entidades e actividades propias ofrecen ao estudantado diversas alternativas de cooperación

Terceira idade, infancia, inserción social, atención hospitalaria, idiomas, axuda a colectivos desfavorecidos, medio natural ou actividades deportivas. Son moitos os eidos nos que os universitarios poden colaborar a través do voluntariado e para facelo a Área de Voluntariado ofrece un amplo abano de programas propios e outros en colaboración con asociación e ONG. No 2015 preto de 200 membros da comunidade universitaria colaboraron en algunha das 20 iniciativas alleas coas que existen convenios, como o Banco de Alimentos, Aldeas Infantís ou a Asociación Española contra o Cancro, etc. e cos programas propios como os da Oficina de Medio Ambiente, Atención á Diversidade ou o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.


Dende a Área de Voluntariado destacan que a participación nestes programas “axuda a medrar como persoa”, xa que o estudante se pode converter “nun axente de cambio para mellorar o mundo e supón unha experiencia persoal que pode abrir portas no futuro e achega agradecementos e sorrisos”. Neste sentido, subliñan que por riba dos créditos que o estudantado recibe, está a satisfacción persoal, a autoestima e a posibilidade que o corazón medre un 200%”. O vicerreitor de Extensión Universitaria e RRII, Manuel Fernández Iglesias, destaca que Vigo ten unha das normativas de voluntariado “máis avanzadas” das universidades españolas e, “considera integramente os efectos académicos das persoas voluntarias, incluíndo o recoñecemento dedicación a labores de voluntariado por créditos da titulación que estean a cursar”.

Te puede interesar
Más en Universitas