O pasado xoves os alumnos de 2º de Bacherelato do IES Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras participaron nunha actividade de coidados da paisaxe, dentro do proxecto Club de Letras, no que participa o instituto.
Na actividade, os mozos do Lauro Olmo analizaron as características da paisaxe natural, da paisaxe agraria e as transformacións humanas acometidas no campo, centrándose especialmente no coidado da zona e o aproveitamento sostible dos recursos naturais.
Os participantes percorreron un tramo do Camiño de Inverno, concretamente entre Pumares e O Barco. Nesta saída tamén visitaron o petroglifo de Éntoma.
Fotografías
Así, os alumnos do instituto Lauro Olmo "fotografaron árbores como aciñeiras, sobreiras, oliveiras ou matogueiras entre as que abundaba a lavanda e o tomiño", remarcan dende o centro de ensino sobre a xornada de aprendizaxe no campo.