FOTOGRAFÍA

O concurso de fotografía da Veiga péchase o día 15

A foto gañadora estará premiada con 400 euros e haberá un segundo premio, de 250 euros, e un terceiro, de 125 euros

O vindeiro día 15 de outubro pecharase o prazo para participarno I Concurso de Fotografía Trevinca Starlight, que promove o concello da Veiga. Os temas do concurso, aberto e ó que poden presentarse todas as persoas que o desexen, deben estar relacionados con calquer faceta relativa coa paisaxe natural ou como integración da poboación no mesmo. Na imaxe "debe recoñecerse con claridade a presenza do Concello da Veiga, xa sexa a través de espazos, localizacións características ou simboloxía da Veiga. As fotos deben ser tomadas no ano 2016, entre o 1 de xaneiro e a data límite de presentación das mesmas, que é o 15 de outubro.


A foto gañadora estará premiada con 400 euros e haberá un segundo premio, de 250 euros, e un terceiro, de 125 euros. Además, haberá un premio de 150 euros para a mellor fotografía nocturna. As fotos deben enviarse por correo electrónico a [email protected] ou por correo ordinario ó  Concello da Veiga.

Te puede interesar