A resposta cidadá para a Axenda Urbana, a debate en O Barco

Fachada del Teatro Lauro Olmo, en O Barco.
photo_camera Fachada del Teatro Lauro Olmo, en O Barco.

O Barco presenta este mércores, ás 18:30h. no Concello, para o seu debate, os resultados acadados a través dunha enquisa online disponible na web municipal, como método de participación cidadá na redacción da Axenda Urbana da vila. Fai uns meses, o Concello uníase ó proxecto, de cara a poder optar ás axudas dos fondos FEDER que serán convocados próximamente. 

Desde o Concello indican que das máis de 400 persoas que participaron na enquisa online, o 78% reside no núcleo do Barco, e o 40% ten entre 35 e 40 anos: Ademais, para a maioría o principal reto ao que se enfronta o territorio barquense de aquí a 2030, é a atención ao envellecemento poboacional a través de máis servizos e equipamentos, e en segundo lugar o apoio ás empresas cooperativas e as emprendedores no sector primario.

Este proceso de participación cidadá servirá para elaborar as liñas estratéxicas da Axenda Urbana, e serán a base para a definición das actuacións recollidas no Plan de Acción. O obxectivo principal da posta en marcha de dito proxecto, según explicou o ente municipal, é “que o Concello e o seu territorio de influencia camiñe cara un desenvolvemento sostible, no que procure a mellora da calidade de vida da súa poboación e dos habitantes vencellados e que marque o camiño a seguir de aquí a 2030”.

Te puede interesar