VI Certame Celtibérico

Aposta pola música tradicional

27.07.14.MANZANEDA.ESTACION.DE.ESQUI.OCA.CAMPEONATO.DE.BANDAS.DE.GAITAS.
photo_camera Centos de gaiteiros se darán cita nesta nova edición.

aA estación de montaña de Manzaneda será o marco de luxo para o desenrolo dunha nova edición dunha cita obligatoria coa música tradicional

 A estación de montaña de Cabeza de Manzaneda acolle unha nova edición do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas “Memorial Gabino García” que terá lugar mañán, sábado, día 25, e o domingo, día 26 de xullo.
Nesta edición do evento daranse cita máis de 300 gaiteiros procedentes de Ourense, Cataluña e Navarra que porán a banda sonora ante centos de personas nun dos espacios naturais máis fermosos da provincia. 
O evento da comenzo o sábado coa celebración da “Noite Celta” na que, dende ás 22,00 horas, actuarán a Banda de Gaitas do Centro Galego de Navarra, “Lapsus Gaita”, as Cantareiras da Real Banda, “Pol Lari & Meritxel Bayarri” de Cataluña e a Real Xuvenil. 
Na xornada dominical, actuarán a banda “Flariz” de Monterrey “Os Xuncos” de Xunqueira de Espadañedo y las bandas de gaitas de los concellos de Verín, Riós, Vilariño de Conso e Manzaneda e a de A Carballeira. 


Será ás 12,00 horas cando actúe Pol Lari & Meritkell Bayarri de Catalunya e, ás 12,10 horas, disputarase o concurso de gaiteiros solistas. "Dende fai catro anos o evento pasou a chamarse Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, e, dende entón, as formacións non compiten xa que fixemos unha aposta máis didáctica. O que si temos é a competición de gaiteiros solistas", comenta Xosé Lois Foxo, un dos organizadores e director da Escola Provincial de Gaitas.
O broche final á xornada é o tradicional concerto do Himno Antergo a cargo da Banda de Gaitas de Manzaneda coa ofrenda floral ante a escultura a Gabino García feita por Buciños e a entrega dos diplomas e medallas.


Unha das apostas que da comenzo este ano e que pretenden afianzar en vindeiras edición é "adicar cada ano a dar pulo a unha variante da gaita noutra cultura. Este ano contaremos coa chamada "sac de gemecs" provinte de Cataluya", engade Foxo.
Finalmente, Xosé Lois Foxo quere agradecer a implicación do Concello de Manzaneda, da Deputación de Ourense e a Xunta no desenrolo deste certame que "potencia e xungue música e cultura".
O evento, que conta con 30 anos de traxectoria, é tamén a excusa perfecta para achegarse a estación de montaña de Manzaneda e gozar, ademais, da boa música dunha paraxe natural única cun grande potencial turístico.n

Te puede interesar