O Extruga Street levará a cultura urbana a Verín

O festival arrancará este venres día 30 de agosto e incluirá unha vintena de actividades musicais e culturais

O festival de cultura urbana de Verín, Extruga Street, volverá ás rúas da vila durante os vindeiros días 30 e 31 de agosto. O evento, que inclúe música, arte e deporte, foi presentado onte no Concello polo tenente de alcalde, Diego Lourenzo e polos seus promotores: Hugo Salgado, Antonio Álvarez e Iris Justo. 

O obxectivo fundamental desta actividade pasa por divulgar as alternativas deportivas, artísticas e laborais propias da cultura urbana, á vez que se involucra aos veciños da vila no que é o primeiro festival urbano da comarca. A organización do Extruga Street considera esta difusión "imprescindible" para restaurar unha visión positiva desta cultura, "tan chea de riqueza, como de prexuízos".

Durante dous días enteiros, os asistentes ao Extruga Street poderán disfrutar de concertos como os que ofrecerán Sara Lugo, Dakidarría, J. Dose, Sondarrúa, Skandalo GZ, Kaixo ou R. Brothers. Tamén haberá tempo para obradoiros como os que promoverá a asociación compostelá Vella Escola, ou o artista Javi Ozono.  Por último, a terceira pata do festival serán as exhibicións que se poderán disfrutar no Skate Park de Verín coa Xuntanza de BMX e Scooters. Neste mismo entorno haberá, tamén, unha degustación de estrugas. 

O tenente de alcalde e concelleiro de Mocidade, Diego Lourenzo, destacou "a importancia deste tipo de iniciativas que non so convidan aos asistentes a ser espectadores, senon a participar e aprender. Ademais, convertense nunha plataforma para dar visibilidade ao talento local".

Te puede interesar