A compañía Simyonov visita por sexta vez as Xornadas do Folclore na xira que cada ano realizan por España

Serbia e a estratexia multicultural

Os membros do conxunto serbio nos xardíns da Universidade Laboral
A compañía de danza Simyonov-Tucovic provén da capital do país, Belgrado. Dende alí viaxan cada ano a España durante un mes, tal e como levan facendo dende a fundación do conxunto no ano 1986; de feito, aquí foi a onde realizaron a súa primeira xira. Concretamente Ourense recíbeos por sexta vez.
O motor esencial da economía do norte de Serbia é a agricultura; mentres que tanto en Belgrado como na área sur do país a industria é quen move principalmente a situación financieira; situación delicada hoxe en día, ó igual que acontece en moitos países europeos. A pesar de constituírse dende os comezos como grupo independente que nunca recibiu axudas públicas, non teñen atopado trabas económicas para viaxar, posto que os pagos que reciben das actuacións que realizan todo o inverno destínanse a financiar as viaxes.

Outra fonte de ingresos supóñena as cuotas que pagan os bailaríns da escola, posto que Simyonov conta na súa escola cuns 200 membros de tódalas idades.

O director do grupo, que é o mesmo coreógrafo, sinala que no seu colectivo non esperan a que as danzas cheguen a eles, senón que viaxan por todo o país recollendo a tradición. Ademais, ter pertencido a Iugoslavia dotou a Serbia dunha multiculturalidade moi enriquecedora para o seu folclore.

Así, son catro as rexións de onde o grupo bebeu as raigames. Dende Bankí no norte ata ?umadia no centro, as danzas do conxunto serbio mesturan as orixes culturais do país con elementos da danza contemporánea, conseguindo deste xeito un novo estilo do que resulta un espectáculo moi interesante.

En canto ás influencias externas, Turquía, que gobernou as súas terras durante catro séculos, entra por Vrañe, no sur; mentres que Bulgaria mestúrase coa súa cultura polo este, a través da rexión de ?opske.

Cando as Xornadas do Folclore rematen, o grupo europeo volverá vestirse co traxe tradicional do seu país para mostrar o seu folclore en Cieza (Murcia), en Santander e, finalmente, en Monção. Con todo, a ampla traxectoria e prestixio que posúe o conxunto dende a súa formación tenos levado a destinos como México, onde estiveron xa unhas cinco veces actuando en teatros. Outros puntos da xeografía mundial que puideron gozar da Compañía de Danza Simyonov-Tucovic son Estados Unidos, India, Taiwán ou Israel, así como tamén por varios países de Europa.

O que está ben claro é que a onde van, acaban, antes ou despois, volvendo co seu colorido espectáculo.?Mentres que os que onte se achegaron a O Barco puideron divertirse cos serbios, hoxe o conxunto de Belgrado descansa, polo que será fácil velos paseando pola cidade. Mañá terán como destino o Auditorio do Castelo de Ribadavia.

Te puede interesar