As Xociviga 2015 presentan un cartel de máis de 20 películas

O cine galego terá unha forte presenza, tanto de producións como de directores, actores e equipos técnicos

A parte principal da programación das Xociviga 2015 desenvolverase entre o 12 e o 16 de agosto no Auditorio do Carballiño. Proxectaranse cerca de 20 películas, destacando recentes estreas como Retratos de familia, La mirada del silencio ou Los caballos de Dios, combinadas con algunhas das películas de mellor acollida entre o público e a crítica desta tempada, como Birdman, Pride, El capital humano ou Nuestro último verano en Escocia, que se pasará en versión dobrada ao galego. 

O cine galego terá unha forte presenza, tanto de producións como de directores, actores e equipos técnicos. A sección dedicada aos máis cativos terá tamén sabor galego, coa exitosa producción galego-cubana Maimiño; a última película de Digra, Holly nigth ou El club de los incomprendidos, xa que parte da súa produción é tamén galega. 

Haberá pases non só pola tarde senón tamén pola mañá dirixidos ao público máis xove. 

Te puede interesar