Apoio dos alumnos de Viana á illa de La Palma

Alumnos do IES Carlos Casares no patio do instituto
photo_camera Alumnos do IES Carlos Casares no patio do instituto

O alumnado da materia de Cultura Científica de 1º de Bacharelato do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, baixo a coordinación da profesora Montse Ulloa, do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, está a comenzar un traballo de aprendizaxe-servizo, que pretende que os estudantes aporten parte do seu traballo coa fin de sensibilizar á poboación sobre o importante que é o consumo de plátano para fortalecer a economía da Illa da Palma, terriblemente afectada pola actividade volcánica continua, que xa destruiu un millar de vivendas e moitas plataneiras.

O grupo está nunha fase de investigación que inclúe estudar a planta do plátano, o seu cultivo, así como os beneficios para a saúde que ten o consumo desta froita; por exemplo, o seu aporte de potasio.

Logo crearán unha campaña de sensibilización en Tik- Tok para tentar que a súa mensaxe se expanda. Hoxe no recreo fíxose una fotografía colectiva cos plátanos de La Palma a xeito de sorriso como homenaxe a  todos os damnificados, e como colaboración simbólica na recuperación da illa.

Te puede interesar