O Camiño de Inverno medra con Asunción Arias

photo_camera El progreso del Camiño de Inverno no pilla por sorpresa a Asunción Arias: lleva años promoviéndolo
Asunción Arias é a presidenta do Camiño de Inverno dende o ano 2013, un percorrido que naceu pouco despois do Camiño Francés para que os peregrinos evitasen as duras nevaradas habituais naquel entón no Cebreiro

Asunción Arias, presidenta do Camiño de Inverno, califica de natural este percorrido, cunha gran biodiversidade, non masíficado e tremendamente entrañable ao atravesar moitos núcleos de poboación que permiten coñecer as vivencias dos veciños e veciñas.

Ela misma o fixo coa entidade DisCamino que fai posible que persoas cunha minusvalía poidan cumplir o seu soño de facer o Camiño de Santiago. E ela, ao igual que tantos outros peregrinos, concordan en que facer un Camiño, dun modo ou outro, che cambia a vida. Fai que te atopes a ti mesmo e te demostres a túa forza. E, ao rematar, xa non sexas a mesma persoa que o iniciou.

Para mergullarnos de cheo no Camiño de Inverno, ubíquenos históricamente neste trazado.

É un camiño que xurde ao pouco tempo da ruta máis coñecida que é o Camiño Francés por unha cuestión meramente xeolóxica. Hai algo do que pouca xente ten conciencia, que é a de que o noso planeta está en constante cambio xeolóxico, e que o hemisferio norte sufriu varias glaciacións, sendo a última no século XVIII. Así, alturas como o Cebreiro eran imposibles de subir. Foron os templarios, custodiosos do Camiño, os que atoparon unha anterga ruta, a ruta da extracción do ouro que houbo tanto no Bierzo como en Valdeorras e no Val de Quiroga, que se coñecen como “ruina montium” (técnica de minería empregada polo imperio romano. Trátase dun método de enxeñería mediante a cal se emprega a forza da auga para derrubar grandes secións dunha montaña e poder así extraer os minerais que esta contén). Buscouse o discorrer das rutas naturais que pasan polas beiras dos ríos, e o gran río de Galicia é o Sil. Os templarios, sabedores desto, fixeron posible que todos os peregrinos que quedaban sen poder avanzar tanto en Vilafranca coma en Ponferrada, puidesen seguir o seu camiño. Os primeiros pola Ruta dos Arrieiros que vai dar a Rubiá, e os segundos pola Ruta do Ouro, que son as Médulas bercianas.

Cal é o percorrido que deben seguir os peregrinos?

De Ponferrada saen dúas vertentes do Camiño de Santiago, o Francés e o de Inverno. Na parte galega ambos son oficiais, pero no Bierzo aínda non está oficializado por parte da Junta de León. O de Inverno percorre toda a zona do Bierzo pasando polas Médulas ata Ponte de Domingo Flores que é onde remata a provincia de León e comeza Ourense. Sobradelo, Éntoma, O Barco, Vilamartín, A Rúa, Montefurado, Quiroga, Monforte, Chantada, Rodeiro e Lalín, onde se une á Vía da Prata para entrar en Santiago.

O Camiño de Santiago é un deses traxectos cara Santiago que denominan “novos”. Cando empezaron vostedes a indagar nel, recuperalo e poñelo en valor?

A iniciativa na zona da Ribeira Sacra partiu da xa finada Aída Méndez, e en Valdeorras por parte de varias persoas, entre elas o catedrático de Historia Antiga, Ramón López Caneda, e Ramón García Rodríguez, Ragar. Tamén houbera en Ourense un encontro que propiciara Santa Mariña no ano 1999 e xa se aportara moita documentación e investigación que sustentaba a historia deste percorrido. É un camiño sumamente documentado grazas á información sacada do Instituto de Estudos Valdeorreses, -e onde aínda queda moita por sacar-. Algunha dela pertencente á biblioteca do Pazo do Castro que foi vendida en parte á Deputación de Ourense e en parte á Junta de León. E nesas estamos. En continuar coa investigación. Obtivemos moita información antes da súa oficialización, que foi no ano 2016, pero aínda hai que documentar máis o percorrido.

Que é o que máis destaca del?

É un Camiño impresionante. O único que percorre as catro provincias galegas cos catro microclimas característicos de Galicia. Cunha gran biodiversidade, xa só a nivel paisasístico. Outra dos puntos fortes é que é moi entrañable xa que atravesa moitos núcleos de poboación que fai que te atopes cos viciños e poidas gozar da súa sabiduría. 
Non nego que é un camiño duro, pero a satisfacción e o gozo de cando o rematas, non hai palabras que o poidan descibrir. Agora mesmo temos en Galicia un verdadeiro camiño espiritual. Non está masificado. E iso faino máis auténtico. A natureza e os arumes están tan vivos que todo semella máxico.

Agora mesmo en que fase se atopa o Camiño de Inverno?

Ten que pasar a fase na que Patrimonio o consolida. En teoría son tres anos. Pero máis ben son tres anos en papel. Así que toca seguir agardando para decir que este camiño está consolidado como Camiño de Santiago, e tamén fixar o trazado definitivo.

É unha pregunta que seguro que escoita sempre, cantos peregrinos se rexistran neste Camiño?

Dareiche un dato. Acabo de coller un taxi na Rúa e dixome que os catro que hai, máis os que hai no Barco non dan feito a trasladar peregrinos. Ademais, hai unha empresa encargada de levar as mochilas que tamén está traballando moito. E iso é o máis significativo. O pasado ano a media foi entre 10-12 peregrinos diarios. Este ano saberémolo a finais de ano.

Algo que sempre preguntan e demandan os camiñantes é saber que tal é a sinalización e a posibilidade de aloxamento en albergues. Que pode decirnos neste senso?

Esixirlle a un recén nado que camiñe con tres meses, é ser incoherente. Así que, esixirlle a un camiño que se recuperou no ano 2016 estar á mesma altura que calquera dos outros camiños que levan anos, é non ter os pés na terra. Para que algo verdadeiramente medre e se converta nunha árbore forte, é preciso ter unha fonda raigame. Por iso é preciso coidalo, amalo, terlle moito cariño, darlle apertas, ser paciente, comprensivo… entón, porque lle esiximos tanto a un camiño que está nacendo?

Vostede viviu en primeira persoa este camiño coa colaboración de DisCamino. En primeiro lugar, que é esta entidade?

Eu son minusválida, coas súas complicacións. E DisCamino é un proxecto creado para facer posible que persoas con difrentes discapacidades fagan O Camiño de Santiago. Teño que agradecer infinitamente que exista DisCamino en Galicia. A súa calidade humana é a calidade humana que debería haber en cada un dos galegos e galegas que viven na nosa comunidade. É un equipo feito de grandes persoas. É amor incondicional.

A súa experiencia como foi?

Dura, falando claro. Entrenara moito, pero con todo, hai que dar un “do de peito”. Eu non me quero fallar nunca a mín mesma, e cando teño un propósito quero conseguilo. Mais, si que houbo un día que tiven que parar. O único. A medida que ían pasando os días ía medrando máis, gañando fortaleza. Cando es unha persoa cunha minusvalía coma mín, as pernas enfrían moito e quedan totalmente durmidas. Había momentos nos que me levantaba do triciclo e non as sentía.
Íamos un grupo que nos estábamos coñecendo e convivindo. Xente maravillosa. Xente que se acaba convertendo en amigos. E a amizade é o maior agasallo que podes facer. Eso non ten precio. E cando cheguei a Santiago… iso foi indescriptible.
Facer un camiño é un descubrimento. Non un descubrimento externo, senón interno. De como me respondo. Que dou de min. Que estou facendo para conseguilo. Como consegues verte a ti mesmo. E cando chegas a Santiago, ou a Fisterra, é cando te atopas a ti mesma.

Que diría para aqueles que se animen a facer o Camiño de Inverno?

Tanto neste como en calquera, que se respete. Que se entre nel e se deixe como se encontrou. Que se pense nos demais porque este camiño ten que durar tanto como a nosa nai Gaia, como a deusa Terra. Ten que ser eterno. Ultreia e Suseia.

Te puede interesar