XORNAL ESCOLAR

Adentrados no apaixoante mundo da apicultura

Copia de 20160520_122820_result
photo_camera Alumnos del Padre Feijóo.

Escolares do colexio Padre Feijoo elaboraron candeas de cera, casas de polinizadores e probaron mel

Con motivo da conmemoración do Día Mundial das Abellas, a Asociación Galega de Apicultura e dentro do programa do Festival de Xardíns, organizou unha interesante actividade sobre a importancia das abellas e dos polinizadores. Os alumnos e alumnas do CEIP Padre Feijoo de Allariz non faltaron á cita e compartiron unha estupenda xornada fóra das aulas onde coñeceron, entre outras moitas cousas, a importancia que teñen estes insectos para manter a biodiversidade.

Ademais do momento teórico, os cativos participaron nun divertido obradoiro onde se vestiron co traxe do abelleiro, elaboraron candeas de cera, casas de polinizadores e probaro os deferentes tipos de mel. Foi unha estupenda actividada e todos coincidiron en sinalar todo o que aprenderon e o que se divertiron nesta interesante e diferente xornada educativa.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma