XORNAL ESCOLAR

Aprender xogando

photo_camera Escolares do centro Plurinlingüe María Auxiliadora-Salesianos.

No Centro Plurilingüe María Auxiliadora-Salesianos os mestres potencian a aprendizaxe dunha maneira lúdica, contextualizada e adaptada a realidade dos alumnos

O Centro Plurilingüe María Auxiliadora - Salesianos é unha obra educativa que pertence á congregación Salesiana, fundada por San Juan Bosco na segunda mitade do século XIX. Os Salesianos están presentes en Ourense desde 1910. Os cen anos cumpridos defínenos e fanos cidadáns de Ourense.

O lema para o curso 2014-2015 é “Conto contigo”. Dito lema ven expresado pola celebración dun acontecemento importante no ambiente salesiano, o bicentenario do nacemento de Don Bosco, o fundador da institución salesiana. O lema motiva para revitalizar o estilo educativo salesiano transmitido por Don Bosco, recollido na proposta educativa das escolas salesianas.

Un Colexio de 3 liñas de Infantil, Primaria, ESO y Bachillerato e aula de Educación Especial, é un dos centros educativos máis prestixioso de Ourense, dotado de excelentes instalaciones ao servizo das esixencias da nova educación. Conta cunha longa e significativa historia que ten ante sí o reto de responder con calidade educativa-pastoral aos desafíos que representa a xuventude actual.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar