A PRESENTACIÓN

A aprendizaxe de idiomas é prioritaria

photo_camera Un grupo de cativas na aula de psicomotricidade.

O colexio La Purísima é un centro de ensino familiar, que ofrece unha atención individualizada e procura a formación integral dos seus alumnos, sempre nunha educación en valores

No centro da cidade de As Burgas, está ubicado o colexio plurilingüe La Purísima, un centro de ensino de referencia onde cobra vital importancia a educación en valores. La Purísima é un colexio dunha liña moi familiar no que destaca especialmente a estreita relación que existe entre alumnos, pais e profesores, ademais de ser un centro que ofrece unha atención individualizadas na procura sempre dunha educación integral das persoas. 

As aulas do centro están perfectamente equipadas e tanto as de Infantil como as de Primaria e Secundaria Obrigatoria contan cos medios audiovisuais e tecnolóxicos necesarios para impartir un ensino de calidade. No tocante ás aulas específicas para impartir materias concretas, dispoñen de aula de informática, taller de tecnoloxía, laboratorios, aula de idiomas, aula de música, psicomotricidade e moitos outros espazos que fan deste centro de ensino un espazo do máis completo.

TODOS APRENDEN IDIOMAS

Na actualidade, unha das prioridades do equipo directivo e dos docentes do centro é o ensino dos idiomas, tanto é así que xa se imparten materias como Ciencias Naturais e Sociais en inglés en todos os cursos da etapa de Primaria.  Para reforzar este interés polo aprendizaxe dos idiomas, o colexio La Purísima conta cada curso cun auxiliar de conversa para todas as etapas educativas que xa comeza a traballar cos escolares de Infantil cos beneficios que supón aprender un novo idioma en idades temperás.  O auxiliar de conversa permanece no centro durante todo o curso escolar e as milloras nos escolares son notables curso tras curso. Dentro da mesma liña de aprendizaxe de idiomas, o colexio La Purísima colabora con universidades estranxeiras acollendo docentes en prácticas, o que sen dúbida supón un gran enriquecemento na aprendizaxe das linguas estranxeiras.

Tamén ofrecen actividades de inmersión lingüística e contan con Campamentos en Educación Primaria e viaxes ao estranxeiro para o alumnado da ESO, de feito, neste curso desprazaranse a Irlanda. No colexio lévase a cabo a preparación dos exames de Cambridge, sendo centro examinador e procurando que os alumnos do centro alcancen os nivel B2 (First).

Por último, tamén é salientable a aprobación do proxecto eTwinning en francés para os alumnos de ESO. Na actualidade realizan un intercambio cultural con Rouen (Francia) que nun futuro os levará a visitar outras cidades de fala francesa e a recbir aos seus alumnos. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?