Axenda de ocio para os máis pequenos: do 21 ó 27 de outubro

839e4117-7f04-4b5d-bf7c-6477838eab3b_16-9-discover-aspect-ratio_default_0
Os mellores plans para toda a familia e proxectos para a comunidade educativa na provincia de Ourense.

Aberto o prazo para solicitar unha biblioteca creativa no teu colexio

xornalescolar_211020_axenda_01

Un total de 25 novos centros educativos de Galicia incorporaranse este ano ó programa Biblioteca Creativa, que fomenta o uso destes espazos para convertelos en lugares de estímulo da investigación dos alumnos. Xa está aberta a convocatoria para inscribirse ó proxecto, que o pasado curso contou con 102 colexios participantes, que poderán continuar tamén este ano. 

Ata o vindeiro venres, día 29, está aberto o prazo para solicitar a incorporación deses 25 novos colexios. O obxectivo é converter as bibliotecas en espazos creativos de aprendizaxe, ademais de fomentar o hábito lector entre a cativada. 

A partida da Consellería de Educación contempla a dotación dun lugar de creación e experimentación que achege ó alumnado e profesorado os recursos e materiais axeitados, tanto en Educación Infantil como en Primaria.

XX edición do Tíralle da lingua

xornalescolar_211020_axenda_06

A Asociación Sociopedagóxica Galega convoca a XX edición do seu certame de relato “Tíralle da lingua” para escolares. O prazo de inscripción dos centros participantes está aberto ata o 19 de novembro. O obxectivo é fomentar o uso do galego entre as comunidades educativas.

Xa está lista a programación educativa da cidade

xornalescolar_211020_axenda_04

Os coordinadores da Concellería de Educación de Ourense xa teñen todo listo para a súa oferta educativa deste curso. O medio e a contorna da cidade volverán ser os protagonistas dun amplo abano de actividades pensadas para complementar a formación dos máis cativos.

Pais, nais, docentes e toda a comunidade educativa está convidada a aportar as súas achegas nesta programación, que mantén clásicos escolares ourensáns como “Coñece a túa cidade” ou propostas para fomentar os hábitos saudables entre a cativada.

Concerto de músicas novas e tradicionais

xornalescolar_211020_axenda_07

O concerto Novas vellas melodías con Pablo Díaz e Rubén Barros fai un percorrido polas cancións máis populares de Pablo, empezando polos temas do último traballo “Coas miñas mans” ata chegar aos máis famosos e coñecidos, ademais de temas inéditos. Para pequenos a partir de sete anos con inscripción previa no teléfono 988 788 385. 21/10/2021, Biblioteca Pública

Novo grupo de patinadores escolares

xornalescolar_211020_axenda_03

A empresa Ocitem abre un novo grupo de patinaxe no colexio Amadeo Rodríguez Barroso da cidade. Alí, os amantes deste deporte poderán asistir de xeito semanal a sesións formativas para converterse nuns expertos das catro rodas. Tódolos mércores, CEIP Amadeo Barroso

Unha xornada terrorífica en Ribadavia

xornalescolar_211020_axenda_05

Un ano máis, Ribadavia convertera as súas rúas nun espectáculo terrorífico coa nova edición da Noite Meiga, perfecta para pasar unha xornada en familia. Haberá animación de rúa cos Tabaleiros da Istoria, os Xigantes de Ribadavia, os Camiñantes Brancos e o Dragón. Haberá dous pases, ás 20.30 e ás 23.30 horas, que sairán dende a Alameda e percorrerán o centro da vila. 30/10/2021, Ribadavia

Festa de Samaín en Taboadela

xornalescolar_211020_axenda_02

Os máis pequenos xa se preparan para celebrar a Festa do Samaín, a primeira do curso escolar. Na Biblioteca de Taboadela está todo listo para unha gran festa que terá contos, xogos, música e moita diversión. As prazas son limitadas para garantir os protocolos covid, polo que para asistir é preciso anotarse, no teléfono 988 20 95 66 ou no enderezo electrónico “[email protected]”. 27/10/2021, Biblioteca de Taboadela

 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?