O meu cole chámase...

Ben-Cho-Shey

Galeguista dende o berce

xornalescolar_2303_benchoshey (1)

Aínda que o seu nome propio era Xosé Ramón Fernández-Oxea, este escritor e mestre pasou á historia como Ben-Cho-Shey. As súas investigacións sobre a historia de Galicia centráronse en todo tipo de áreas de coñecemento, dende a etnografía ata a heráldica ou a arte. 

Fernández-Oxea criouse nun ambiente profundamente galeguista, pois o seu pai era Pío Ramón Oxea, un coñecido militante nacionalista das primeiras décadas do século XX, e o seu avó, Elixio Oxea, fora presidente da Asociación Regionalista Gallega. Destas influencia durante a infancia xurdiu a súa participación en movementos como as Irmandades da Fala, sendo un dos seus fundadores en Ourense. 

Corresponsal de guerra

xornalescolar_2303_benchoshey (2)

O pseudónimo co que pasou á historia, Ben-Cho-Shey, foi o que o propio Xosé Ramón Fernández-Oxea adoptou para asinar as crónicas que escribía sobre a Guerra do Rif para o xornal ourensán La Zarpa. Era o ano 1920, un ano antes do Desastre de Annual, sobre o que tamén escribiu. Todos estes textos foron recomplicados e publicados no volume “Crónicas de Marruecos: tras la Rota de Annual”. 

Xan Fouciño ou Raimundo Antela foron outros pseudónimos adoptados polo escritor ó longo da súa vida para asinar diferentes textos. Como autor escribiu numerosos traballos de investigación sobre a cultura popular ou a riqueza arquitectónica galega. 

Mestre no Pereiro de Aguiar

xornalescolar_2303_benchoshey (3)

A profesión de Xosé Ramón Fernández-Oxea foi tamén a de mestre, unha praza que acadou en 1925, se ben xa exercía con grande prestixio dende 1915. A parroquia de Santa Marta de Moreiras, no concello do Pereiro de Aguiar, foi un dos lugares onde exerceu a docencia. É por iso que o colexio público deste municipio leva hoxe o nome de Ben-Cho-Shey, en recoñecemento da pegada que deixou na docencia da zona. De feito, durante a súa estadía -antes da Guerra Civil- escribiu un estudo publicado en 1968. 

A figura de Ben-Cho-Shey lémbrase tamén en diferentes asociacións deportivas e dándolle nome a varias rúas por toda a provincia de Ourense. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar