XORNAL ESCOLAR

CEE Miño: traballo en equipo

photo_camera Mónica hernán, a directora fala co Xornal Escolar.

Flexibilidade para adecuarse á diversidade de aptitudes, intereses e necesidades do alumnado e as súas familias, premisas do centro

Cómo son as instalaciones do centro educativo de Velle?

É un edificio amplo con grandes espazos interiores e corredores, cunha boa luminosidade. Ten duas plantas unha para residencia e outra escolar.

Cal é o horario de clases para os alumnos do CEE Miño?

De luns a xoves de 10:00 a 17:00 e os venres de 10:00 a 15:00.

Durante o horario lectivo que actividades ou programas levades a cabo que non sexan posibles realizar nun centro ordinario?

Ademais dos relacionados co servizo sanitario (atención médica e fisioterapia), os que se desenvolven na aula de estimulación multisensorial, a biblioteca con contos adaptados, e os sistemas alternativos e aumentativos de comunicación (como o Pictoroom), e pola tarde desenvolvemos cinco talleres en grupos flexibles nos que adaptamos as aprendizaxes á diversidade de capacidades do alumnado.

Durante este horario cantos grupos de alumnos ten o centro e cal é o principal obxectivo do traballo na aula?

Temos 10 grupos aula nas que se desenvolven as competencias chave, recollidas nos nosos proxectos curriculares das diferentes etapas educativas que temos; sendo o noso principal obxectivo o desenvolvemento máximo de cada alumno e alumna en referencia a esas competencias.

Qué ferramentas tecnolóxicas utilizades habitualmente na aula para mellorar a práctica educativa?

Pantallas táctiles, EDI, notebook, pictoroom, sedea, zac browser, programas específicos (pictos arassac, the gird con SPC, boardmaker…) Head pot, ratos adaptados, joystick, pulsadores...

Na aula de estimulación multisensorial realizanse diversas actividades en diferentes espazos, fainos un pequeno resumo?

Aula de relaxación: tubos, facho de luz, colchón de auga con sonido, proxector de imaxe… e un espazo amplo con diferentes recunchos nos que se estimula cada un dos sentidos.

As aulas de audición e lenguaxe teñen un papel destacado no centro?

Si xa que o noso obxectivo principal sería  o desenvolvemento da comunicación do noso alumnado, tendo en conta de que so un 1% utiliza a linguaxe oral para expresar as súas necesidades fundamentais.

Qué servizos ten o centro a disposición dos alumnos despois do horario escolar?

Neste momento so contamos cun servizo de residencia para aqueles alumnos que non viven dentro do concello de Ourense.

Cómo é o papel das familias no día a día do CEE Miño?

A comunicación e colaboración entre centro e familias e moi fluída en xeral, contamos cos cadernos viaxeiros, correo electrónico, wasap  e como non co teléfono. Temos un ANPA que colabora estreitamente co centro tanto na súa vertente sanitaria (colaborando directamente cun programa de saúde bucodental) como na vertente educativa. Neste centro é fundamental a comunicación diaria xa non solo coas familias senón tamén entre o equipo de traballadores do centro, existen numerosos rexistros diarios: caderno do interado dos educadores, de incidencias médicas, de incidencias pedagóxicas…

Xa para finalizar, tamén traballades a formación profesional, en qué consiste?

Dende hai tres anos contamos cun programa de formación profesional adaptado totalmente ao alumnado do noso centro, Programa Básico de Formación co título de Xardinería e Viveirismo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?