O meu cole chámase...

Celso Emilio Ferreiro

xornalescolar_2411_nomecole_03

Escritor e político galeguista

xornalescolar_2411_nomecole_03

Celanova foi o seu lugar de orixe. Naceu moi pretiño doutro escritor do que xa falamos nesta sección, Manuel Curros Enríquez. Aínda que cando Celso Emilio Ferreiro naceu, Curros xa morrera en Cuba catro anos antes. Isto significa que foi no ano 1912 cando viu a luz na Calle Arriba desta vila e faleceu en Vigo en 1979. Durante a súa vida, exerceu como escritor, poeta e político galeguista e está considerado como un dos máximos expoñentes da chamada Xeración do 36. No ano 1989, xusto cando se cumpría unha década do seu pasamento, foille adicado o Día das Letras Galegas.

Onde o mundo se chama Celso Emilio

xornalescolar_2411_nomecole_01

Dende moi novo, Celso Emilio amosou unha importante inquedanza política, fundando na súa vila natal as Mocedades Galeguistas e a revista Adiante -onde colaboraron moitos dos membros da Xeración Nós-. Pero, sen dúbida, o seu nome está íntimamente ligado ó libro “Longa noite de pedra”, un título que naceu da súa estadía como preso no mosteiro de Celanova e que se converteu nunha frase moi recorrente na sabedoría popular para falar de épocas e acontecementos escuros. A súa obra máis intimista está vencellada ó seu lugar de orixe. “Onde o mundo se chama Celanova”, editado en 1975, é o seu libro máis persoal.

Tres colexios en Galicia

xornalescolar_2411_nomecole_02

Como non podía ser doutro xeito, Celso Emilio Ferreiro dalle nome ó instituto da súa vila natal, ubicado dentro do conxunto monástico que serviu de cárcere trala Guerra Civil e onde estivo preso o propio autor. Pero tampouco Vigo esquece que foi na cidade olívica onde o escritor pasou a última etapa da súa vida. Alí está o colexio de Educación Primaria que homenaxea ó autor. Completa a relación de colexios co seu nome o CEIP de Cerceda, na provincia da Coruña. Celso Emilio foi un dos poetas máis homenaxeados en vida e agora, tres décadas despois do seu pasamento, segue estando moi presente na vida educativa galega.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar