XORNAL ESCOLAR

Centos de persoas participaron no Samaín de Ourense

Ourense. 31-10-15. Local. Desfile de Samaín e valeirado de cabazas polo casco vello de Ourense.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Os nenos estiveron moi activos na Festa de Samaín en Ourense.

Baleirado de cabazas, obradoiros, microteatro, Desfile de Cabazas e a festa na Praza Maior foron as propostas

O Concello de Ourense organizou diversas actividades para celebrar por todo o alto a festa do Samaín. Aínda que os máis cativos da casa foron os principais destinatarios das propostas, os adultos tamén contaron con moitas actividades nas que participaron e se divertiron coma nenos.

As prazas da zona vella foron os puntos de actividade durante todo un día. Non faltou o baleirado de cabazas que sempre conta con múltiples adeptos. Tamén houbo obradoiro de maquillaxe onde os nenos presentaron un terrorífico aspecto cos que asustaron a todos os viandantes.

A programación conpletouse con contacontos, microteatro, diversos obradoiros e o momento máis agardado, o Desfile de Cabazas e o baile e festa finais na Praza Maior, que congregou a centos de persoas que gozaron dunha festa única e divertidísima. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar