XORNAL ESCOLAR

Un centro de ensino moi activo

13.06.16.XINZO DA LIMIA.REPOR LAGOA DE ANTELA.
photo_camera Un grupo de rapaces aprendendo a conducir.

Os estudantes limiáns participan en numerosos proxectos coas que reforzan e incrementan os conceptos teóricos

Unha dos aspectos salientables do IES Cidade de Antioquía é que son un centro de ensino moi dinámico e todos os estudantes, independentemente da modalidade educativa que cursan, participan cada curso en numerosas actividades e proxectos educativos cos que reforzan e incrementan os coñecementos teóricos aprendidos na aula. Este curso 2015/2016 participaron en cinco proxectos salientables:

Programas Europeos Erasmus+. O IES Cidade de Antioquía participou neste proxecto xunto a centros de ensino de Francia, Finlandia, Bélxica e Italia. Trátase do desenvolvemento dunha plataforma informática para a xestión de montes.
Carta Erasmus+. O alumnado de Formación Profesional gracias á denominada Carta Erasmus+ tiveron a oportunidade de realizar prácticas no exterior.

Viaxes e intercambios. Co fin de mellorar o desenvolvemento tanto do inglés como do Francés, alumnos e alumnas limiáns participaron en viaxes de inmersión lingüística e intercambios.
Dinamización da lectura e da lingua galega. Este foi outro dos proxectos nos que se involucraron durante este curso.

Medioambiente. Tamén participaron en proxectos medioambientais, especialmente relacionados co aforro enerxético e as enerxías renovables. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma