XORNAL ESCOLAR

Un colexio con arte

photo_camera Un amplo grupo de alumnos do centro educativo de Mende no patio escolar.

Os alumnos do CPI Jose García García de Mende sorprenderon ás camaras de Telemiño cunha animada presentación acompañada de actuacións musicais

O CPI Jose García García está situado nun entorno privilexiado, rodeado de natureza na beira do río Lonia. Catro son os grandes obxectivos nos que traballa a dirección do centro educativo: atender a tódolos niveles educativos, dende as necesidades educativas especiais ata alumnado con altas capacidades, pasando por todo tipo de reforzos educativos, evitar o fracaso escolar coa participación do Fondo Social Europeo, fomentar hábitos saudables entre o alumnado e manter un ambiente cordial de convivencia entre alumnado, profesorado e familias.

Neste centro intégranse as tres etapas educativas: Infantil, Primaria e Secundaria, alumnos dende os 3 ata os 16 anos conviven neste centro educativo que ten un horto escolar e un xardín botánico no interior do recinto. É importante reseñar que contan con comedor, para todo o alumnado, de xestión directa con cociña propia donde elaboran menús saudables con supervisión de especialistas en dietética.

É un centro moi ben dotado de recursos, ten aulas específicas de tecnoloxía, idiomas, plástica, educación física, informática e a dotación de encerados dixitais en case todas as aulas, permite atender ás diferentes necesidades, dende as adaptacións curriculares ata o alumnado con altas capacidades. A novidade deste ano é a elaboración e desenvolvemento dun programa de enriquecemento curricular para o alumnado con altas capacidades do centro, baseado nas novas correntes pedagóxicas de traballo por proxectos. En breve empezaranse a ver os resultados deste novo enfoque educativo.

A parte do entorno, e dos grupos reducidos por aula que facilitan a atención individualizada de todo o alumnado e favorecen a integración educativa, tamén é de destacar a implicación de toda a Comunidade Educativa no proxecto do centro. A coordinación entre o profesorado das diferentes etapas educativas, así como a estreita colaboración coas familias fai deste centro un gran equipo de traballo.

A implicación da ANPA nas actividades extraescolares, a ilusión coa que traballa o persoal non docente e a coordinación entre o profesorado das diferentes etapas educativas, fai que o centro educativo de Mende poida presumir dun bo ambiente de traballo que se traduce en resultados, como o recente premio extraordinario de ESO para un dos alumnos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma