Como é o Sol en primeiro plano?

photo_camera El alumnado del colegio Amadeo Rodríguez Barroso participa en un taller de astronomía en el Aula de Naturaleza del Río Miño.

A Aula da Natureza do Río Miño desenvolveu sesións formativas de observación astronómica do ceo ourensán

A astronomía defínese como a ciencia que estudia os corpos celestes, os seus movementos, os fenómenos ligados a eles ou a investigación da súa orixe. Aínda que o espazo e as estrelas continúan tendo moitísimas preguntas sen resolver, observalo axúdanos a tomar conciencia do noso lugar no firmamento e a comprender algunhas das leis que rexen as nosas vidas. 

Eses interrogantes son hoxe  menos para os alumnos da cidade de Ourense gracias ó obradoiro de astronomía desenvolvido dende a Aula da Natureza do Río Miño en Oira en colaboración coa Asociación Astronómica de Ourense. Foron moitos os centros educativos que se achegaron ata esta zona para contemplar os segredos do ceo e as estrelas a través dun telescopio, como é o caso do colexio Amadeo Rodríguez Barroso, que participou en dúas das sesións. 

Da man de José Antonio Álvarez, presidente do colectivo astronómico ourensán, os escolares fóronse achegando ata o telescopio. Aínda que era de día, gracias a uns filtros específicos, puideron contemplar directamente o sol, ver os gases que o rodean e a natureza da súa luz. Moitos mesmo se animaron a mirar varias veces.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma