Concurso "Jóvenes y Mayores" | Ganadores en la categoría de mayores de 65 años

Primer premio

Jaime Fernández Bugallo 

xornalescolar_1412_concurso_E_02

O arco da vella 

2º premio de mayores de 65 años. Jesús Rúas Durán

Lucio visitaba o museo todas as tardes. Estaba ubicado nun rincón escuro e pouco transitado da cidade. Parecía que ninguén se interesaba pola arte. En pleno século XXIII e tras varias epidemias e guerras, o ocio e o interés cultural deixara de existir. O ánimo da xente apagarase por tanto odio e devastación, ainda que nalgún rincón podías encontrar persoas maravillosas, cheas de luz. Ese era o caso de María, a muller encargada daquel pequeno recuncho olvidado. Lucio acudía non solo atraído polas fermosas pezas que alí se acomulaban, senon tamén pola boa sintonía que tiña con María, a alegría que ela lle contaxiaba e a enerxía coa que salía daquel pequeno lugar. A pesar da diferencia de idade Lucio encontraba a aquela muller tan alegre e espontánea que non podía deixar de visitala. Esa tarde chovía a mares e o paraugas de Lucio parecía querer marchar ao carón do vento. Cando chegou ao museo e se dispuña a deixalo no paraugueiro decatouse de que había dos paraugas máis no seu interior. Un debía de ser de María, pero o outro? Quizáis alguna visita para ela. 

Cando entrou xa no centro do recinto atopouse cun home maior que semellaba ser moito máis vello que María, ¿quizáis seu pai? Estaba observando con minuciosidade un cadro que lle gustaba moito a Lucio, de Manet. Achegouse a él con certa curiosidade e o home sorriulle agarimoso. 

- Frecuentas este lugar? - preguntoulle o home a Lucio, sorrindo. 

- Veño todas as tardes, prácticamente é a miña segunda casa. 

Aquel home de sorriso humilde, chamabase Roberto, tiña oitenta e tres anos e acabara de descubrir aquel recuncho. Pasara media vida entre mundos de medo e pobreza, era un amante da literatura e o arte e desexaba pasar os seus os últimos anos de vida viaxando. Pasaría unha temporada naquela cidade. 

Lucio conversou co home toda a tarde e descubriu que tivera unha vida cargada de aventuras. Virase obrigado a participar na guerra e namorara dunha rapariga do bando contrario. Viviran un romance intenso pero breve, xa que os descubriran e tiveran que separarse. 

Lucio tamén falou un pouco de sí mesmo, da súa nai e do traballo que esta levaba para encargarse de él xa que non se encontraban nunha situación económica moi boa. Evitou falar do tratamento de quimio no que se atopaba. Xa era bastante triste e pesimista a sociedade, como para incluir nas conversas temas tan pouco amables. 

Empezaron a verse todas as tardes. Lucio ensinoulle os seus cadros favoritos e nalgún momento ata se atrevara a falarlle dos seus dibuxos, cos que, dicía cargado de motividade e orgullo, pretendía cambiar o mundo. Prometeulle que lle presentaría a súa nai. 

Roberto regalaralle un caderno de cubertas de cores coma o arco da vella que a Lucio tanto lle gustaba. Tamén lle falara das súas obras favoritas e a pesar de que os seus gustos non eran moi similares, levaronse ben dende o principio. Unha tarde cando Roberto chegou ao museo, decatouse de que Lucio non estaba alí. Pareceulle raro xa que sempre chegaba antes que él. Decidiu esperalo, pero esa tarde Lucio non chegou. 

Ao día seguinte Roberto alegrouse de ver a Lucio ao carón do seu cadro favorito. Parecía trazar esbozos no se caderno novo. Achegouse a él e preguntoulle interesado porque non viñera a tarde anterior. Lucio contestou con brevidade xustificando a súa ausencia cun malestar físico, non se atopara ben. A Roberto sorprendeulle a brevidade da resposta de Lucio, pero non insitiu. Seguiron vendose durante meses e incluso chegaron a compartir merendolas sentados sobre un mantel nas frías baldosas daquel museo, agora convertido na súa casa. 

Un día Roberto acudiu ao museo e como lle sucedera aquela tarde non atopou a Lucio. Esto repetiuse durante días e unha tarde, angustiado preguntoulle a María se sabía algo. Esta dixolle, para a súa sorpresa, que posiblemente Lucio estivera recibido quimioterapia no hospital. Facía medio ano que lle diagnosticaran unha leucemia. 

Roberto, impactado e fora de sí, preguntoulle a María se sabía o hospital no que Lucio se atopaba. María dubidou por uns intres, pero logo sarcástica asegurou que acordara que nesa cidade solo había un e deulle a dirección tamén algo preocupada. 

A mañá seguinte Roberto achegouse ao hospital e preguntou ao recepcionista por Lucio. Este deulle o número do cuarto e Roberto dirixiuse ao ascensor decidido. Lucio atopabase nunha silla e semellaba estar extasiado. Parecía que dez anos lle pasaran por enriba. Roberto non puido evitar emocionarse e achegouse xunto a él para abrazalo: 

- Por qué nunca me mencionaches isto? 

Lucio dispuxose a responder, pero non lle chegaban as forzas e non lle saía a voz. Roberto puxo unha man sobre a de Roberto e pediulle que non intentara falar, que non precisaba unha resposta. Lucio sorriu. 

As tardes seguintes xa non foron tardes no museo, pasaron a ser tardes no hospital. Roberto sempre estaba ao carón del e neses días no hospital puidera coñecer a súa nai Esther. Conectaran moi ben e ambos tiñan como interese común coidar de Lucio. Unha tarde cando as últimas pingas de chuvia xogaban as carreiras sobre a ventá, e uns tímidos raios de sol asomaban, mentres un fermoso arcoiris iluminaba a habitación de Lucio, este esgotou todas as súas forzas. A súa loita rematara. A súa nai Esther agarraba súa man dereita, mentres Roberto acariciaba a súa esquerda. 

Tras o falecemento de Lucio, Esther e Roberto reunironse algunha tarde que outra para meredaren xuntos e recordar a Lucio, degustando as súa torradas preferidas. Roberto decidira que pasaría os seus últimos anos naquela cidade que tanta pegada lle deixara no corazón.

Tercer premio

Tomasa Pérez Bretaña

xornalescolar_1412_concurso_E_01

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma