XORNAL ESCOLAR

Convivencia Samaín

20151029_111221_result
photo_camera Alumnos do Ceip Rogelio García Yañez e do Ceip San Marcos durante a convivencia de Samaín.

A xornada rematou cun recitado de poemas e coa preparación dunha espantosa apócema que todos se atreveron a probar.

Dende que se inicia o curso escolar no CEIP de Ramirás comezan a preparar con ilusión a festa grande do colexio. Cada ano é máis e mellor, todos os nenos e nenas gozan de sorprendentes actividades onde o denominador común é o terror. O CEIP Rogelio García Yáñez conmemorou unha gran festa de convivencia de Samaín. Os alumnos e mestres de Primaria do CEIP San Marcos de Cartelle, foron, un ano máis, os convidados a pasar moito medo no colexio de Ramirás. Durante varias semanas o centro de ensino encheuse de cabazas, bruxas, arañas e pantasmas e o xoves 29 de outubro recibiron a todos os estudantes e docentes caracterizados con terrorificos disfraces para a gran festa de Samaín.

Unha divertida e temible xornada de xogos no patio, obradoiros de Samaín, o esperado Túnel da Bruxa (onde pasaron auténtico pánico), un menú terrorífico que sorprendeu a todos os comensales (crema de cabaza, espantosos sándwiches, ovos con arañas, sanguentos dedos...).

A xornada rematou cun recitado de poemas e coa preparación dunha espantosa apócema que todos se atreveron a probar.

Os alunmnos e mestres despedíronse ata o próximo curso. Todos están desexando que chegue o Samaín 2016...

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar