XORNAL ESCOLAR

Convivencia Samaín

20161029130237715_result

O Ceip Rogelio García Yáñez de Ramirás, por terceiro ano consecutivo, festexou o Samaín cunha convivencia co Ceip San Marcos de Cartelle.

Cada ano a celebración de Samaín é unha das que máis éxito ten no Ceip Rogelio García Yañez. Dende o mes de setembro, recen chegados ás aulas para comezar o curso escolar, en Ramirás xa se prepara a Festa de Samaín. Son moitos os preparativos que se levan a cabo no centro educativo para facer desta data un día inesquecíbel para todos os estudantes de infantil e primaria.

Durante o mes de outubro os alumnos/as de Ramirás divírtense, gozan e colaboran en todos os preparativos ao mesmo tempo que aprenden e investigan sobre unha das crenzas máis antigas de Galicia, len contos de terror adaptados as súas idades e realizan manualidades e actividades en todas as áreas do currículo.

O Ceip Rogelio García Yáñez de Ramirás, por terceiro ano consecutivo, festexou o Samaín cunha convivencia co Ceip San Marcos de Cartelle. O túnel da bruxa é, sen dúbida, o momento máis esperado por todos os asistentes. Un terrorífico momento onde se mestura o medo e a felicidade. Diferentes talleres amenizaron a xornada: elaboraron caretas de halloween, bolsas de terroríficas golosinas, manualidades como pantasmas e arañas de golosina e diferentes xogos na aula de psicomotricidade...

O xantar de Samaín tamén era aterrador e o comedor do centro educativo decorouse para a ocasión. Todos, estudantes e docentes de ambos colexios, gozaron dunha exitosa convivencia e xa pensan na do próximo curso.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar