Porque estudiar é aprender

Cousas curiosas do Nadal

xornalescolar_1512_chuletas_006

Personaxes: Quen trae os agasallos?

xornalescolar_1512_chuletas_005

O Nadal é época de agasallos. Cada país ten as súas propias personaxes encargadas de levarlle os agasallos a toda a familia. Algúns visitan ós cativos en Noiteboa, outros en Fin de Ano e hai tres grandes figuras que teñen o seu día propio no calendario, os Reis Magos. 

A figura do Nadal por excelencia a nivel mundial é Papá Noel, popularizada en grande medida polo cinema americano. En España, ademais dos Reis Magos, tamén temos personaxes das diferentes comunidades autónomas, como son o Olentzero no País Vasco ou o Apalpador aquí en Galicia. 

A Bruja Befana en Italia, o neno Xesús en diferentes países de Sudamérica, os muchachos Yule en Islandia… Son moitas e variadas as figuras arredor do planeta, pero todas teñen unha misión común: repartir ilusión. 

E ti que personaxes coñeces? A quen lle pides os teus agasallos? E, o máis importante, xa tes a carta lista?

Historia: A Saturnalia 

xornalescolar_1512_chuletas_004

Unha das festas máis celebradas en todo o mundo e nela celebramos, entre outras cousas, o nacemento de Xesús, realmente ten a súa orixe na Saturnalia, unha festa pagana que os romanos celebraban coincidindo co solsticio de inverno. Coa chegada da relixión católica, outorgóuselle a esta festa un carácter relixioso. Se ben hoxe, tanto as persoas crentes como as que non o son comparten momentos de ilusión en torno a unhas datas para pasar entre familia e amigos.

Música: As panxoliñas

xornalescolar_1512_chuletas_001

O Nadal vai ó seu propio ritmo e hai panxoliñas para tódolos gustos e condicións. Máis animadas, máis melancólicas, con firma de autor, de carácter popular… Pero hai un villancico que salienta por riba de tódolos demais: “Noite de paz”, unha composición alemana de 1816 e musicada en 1818 que está traducida a máis de 300 linguas. Pero aquí tamén temos clásicos, como “Pero mira cómo beben” ou “Vinde ver o neno”.

Natureza: A árbore

xornalescolar_1512_chuletas_002

Non hai Nadal que se precie sen a súa árbore. Hainas de tódalas formas, cores e tamaños. Algunhas máis adornadas e outras máis minimalistas. Pero todas teñen unha orixe común: a Alemaña do século XVII. Foi co obxectivo de darlle un pouco de calidez visual ó frío que adoita acompañar estas datas e non tardou en propagarse por toda Europa. A España chegou no ano 1870, case dous séculos despois, cando a muller do alcalde colocou a que se considera a primeira árbore de Nadal. E falando de árbores históricas, 90 anos hai xa que comezaron a colocala no Rockefeller Center de Nova York, convertendo ese lugar nun emblema mundial destas festas.

Curiosidades: Badaladas con uvas

xornalescolar_1512_chuletas_003

Se hai unha tradición importante durante estas datas é a de comer as 12 uvas coas 12 badaladas que marca a fin do ano. E aínda que levemos toda a vida, realmente esta tradición ten pouco máis dun século de vida. Foi no ano 1909 o primeiro que se pechou comendo estas froitas debido a que nas terras de Alicante houbo un excedente de producción. Se antes eran só os ricos quen as tomaba acompañadas de cava, a partir dese momento popularizouse este costume que hoxe compartimos todos. 

Pero como en todo evento histórico, tamén hai outra versión que sinala que naceu dunha parodia na madrileña Porta do Sol en 1882.

E, aínda que algúns opten por anacos de turrón ou lacasitos para sustituír as uvas, ninguén escapa á tradición de acompañar as últimas 12 badaladas do ano poñendo a proba a axilidade das súas mandíbulas.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar