Dende o Manuel Sueiro xogando coma os nosos avós

O colexio Manuel Sueiro recibiu o obradoiro de xogos populares da Deputación con toda a súa diversión.

Do mesmo xeito que as novas tecnoloxías van tendo unha presenza cada vez máis forte nas aulas de tódolos colexios, tan importante é que os máis novos coñezan como eran os tempos anteriores ós que a eles lles tocou vivir. Entre tanta pantalla, segue habendo formas de diversión que sobreviven ó paso dos anos, capaces de conquistar e sacar un sorriso a grandes e pequenos. 

Son os chamados xogos populares, eses que encheron de ledicia a infancia dos nosos avós e que hoxe, o obradoiro especializado da Deputación de Ourense, leva por tódolos colexios da provincia. A ra, a chave, a billarda… Son algunhas das actividades que, nesta ocasión, levaron os educadores ata o colexio Manuel Sueiro da cidade. Coa proximidade do Entroido de fondo, os alumnos -e tamén algún profesor- animáronse a probar a súa destreza con estes xogos. 

Aínda que algúns xa oíran falar deles, sobre todo de boca dos seus familiares de maior idade, poucos probaran antes estes pasatempos, ós que moi pronto lle colleron o truco. A ra é un dos que causa maior sensación entre o alumnado, que durante un momento mira cara as diversións do pasado mentres continúan a súa formación.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma