XORNAL ESCOLAR

Dinamismo en Telemiño

Telemiño. 26-02-16. Xornal Escolar. Grabación do programa do Xornal escolar do colexio de La Purísima.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Gravación do programa do Xornal escolar do colexio de La Purísima.

Os alumnos do Colexio La Purísima son unha gran familia como puidemos observar durante os días de gravación tanto no centro educativo como no plató de Telemiño

O CPR plurilingüe La Purisima é un centro educativo con máis de 100 anos de antigüedade. 
Neste momento a prioridade é a ensinanza dos idiomas, impartíndo as ciencias sociais e naturais en Inglés  e contan cun auxiliar de conversa para todas as etapas (Infantil, Primaria e ESO). Colaboran con universidades estranxeiras aceptando docentes en prácticas o que supón un grande enriquecemento na aprendizaxe dos idiomas.

Os alumnos recibiron as cámaras de telemiño cunha animada presentación en inglés, realizaron un fabuloso traballo cun guión perfectamente traballado e estructurado onde nos amosaron as instalacións do seu centro e a variedade de actividade que realizan nas diferentes aulas do colexio sino na cidade de Ourense. 

No video visitamos diferentes espazos: entramos nas aulas, no laboratorio, no polideportivo e na aula de psicomotricidade (o xardín máxico como a denominan os máis pequenos do colexio).
Por segundo ano consecutivo o centro participa no programa Xornal Escolar que todos os sábados emite Telemiño. O CPR plurilingüe La Purisima repite experiencia televisiva co mesmo éxito ca tempada anterior.

Todos os alumnos mostráronse moi dinámicos e activos no plató de Telemiño.

Carlota Rodríguez, Ana Lui Rodríguez e Nico Pérez exerceron de co-presentadores e xunto con Conchi Pérez presentaron este divertido e ameno espazo escolar. 

Sandra Freire é a mestra concursante e somoteuse as distintas probas que os seus alumnos prepararon anteriormente no colexio. Respondeu con moito acerto a todas as preguntas.

Despois de visionar o divertido video de presentación comezaron as distintas probas do programa: "Quen será será", na que tivo que acertar coñecidos perxonaxes tras as pistas que lle proporcionaron os alumnos . Na proba "Que acción é" e "Que farías se foses" na que tivo que acertar unha serie de obxectos e accións onde os alumnos moi divertidos e orixinais sorprenderon a mestra.

Os co-presentadores formuláronlle a súa mestra Sandra unha serie de preguntas diferenciadas en tres bloques:
Preguntas de cultura xeral, sobre o colexio e curiosidades persoais.

CULTURA XERAL

Cal é a proteina que transporta osíxeno polo corpo?
A hemoglobina

Como se di coñecemento en inglés?
Knowledge

En que ano foi a Revolución Industrial?  
1789

COÑECENDO O COLEXIO

Que facedes no colexio para potenciar o inglés?
Facemos varias cousas, e a valoración é moi positiva. Impartimos as ciencias sociais e naturais en inglés dende 1º de Primaria, temos cursos de inmersión linguística, viaxar para abrir a mente e perfeccionar o idioma. En Primaria van a campamentos en inglés e na ESO viaxan a Irlanda

Que destacarías do colexio?
O que destacaría é que o centro é un colexio pequeno, un colexio familiar, todos nos coñecemos é tamén destacaría o clube La Purísima, que goza dun importante protagonismo no deporte ourensán e galego, que está aberto a todos os ourensáns. Non só transmiten deporte senón que todo o equipo de profesionais traballan diariamente na educación en valores .Que opinas do comedor do colexio?
Pilar é a cociñeira do centro educativo e fai un estupendo traballo. Todo é caseiro e a alimentación é moi saudable e variada.

O LADO MÁIS PERSOAL

Cal é a túa maior afección?
O que máis me gusta é ir ao cine, e disfrutar da compañía dos meus amigos.

Se tiveses poderes que cambiarías do mundo?
Hai moitas cousas que cambiar no mundo pero eu empezaría por cambiar a desigualdade que hai. O mundo é de todos.

Que levarías a unha illa deserta? 
Música e un libro.

Tras este bloque de preguntas, Lara, unha alumna que estaba de público, presentounos o video de Talentos. Magníficas actuacións dos alumnos do CPR La Purísima que podemos ver o sábado 5 de marzo ás 11:00 horas en Telemiño. 

Foron moitos os escolares deste centro que amosaron as súas habilidades tanto bailando como tocando instrumentos.

Xa para finalizar os alumnos amosaron a satisfación de participar un ano máis no programa Xornal Escolar, para os alumnos vir ao plató é unha gran experiencia. Xa pensan no programa da próxima tempada. Repiten seguro, todos os alumnos queren vir a coñecer Telemiño.
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma