IES Carlos Casares de Viana do Bolo acolleu o segundo obradoiro de radio e fotografía, no que intentaron axudar ao alumnado na elaboracións dos seus traballos e resolver as dúbidas que teñen á hora de abordar o seu proxecto. Na anterior visita, o alumnado coñeceu o funcionamento da radio na actualidade, que tipos de xéneros radiofónicos existen, como crear un programa de radio dende cero, así como algúns consellos para mellorar a calidade das súas imaxes. Deste xeito, á vez que se ían explicando os conceptos clave e con exemplos que xiraban en torno aos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), os/as rapaces/zas tiveron a oportunidade de facer prácticas 'in situ' coa axuda dunha mesa de son e unha cámara fotográfica profesional, reforzando o proceso de aprendizaxe e facendo máis ameno o taller. Tras estes obradoiros os rapaces e rapazas terán que crear os seus propios espazos radiofónicos e proxectos fotográficos relacionados cos ODM. ‘O mundo que queremos’ é un proxecto de educación para o desenvolvemento que forma parte da plataforma de innovación educativa Plan Proxecta, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Esta iniciativa pretende promover a reflexión do alumnado sobre a conexión existente entre as dinámicas locais e as desigualdades globais, neste caso a través da comunicación (podcast e imaxes) como medio para sensibilizar e transformar.
Xornal Escolar
Estudantes de Viana do Bolo traballan a educación en valores a través da radio e fotografía
Buscar
XORNAL ESCOLAR
Estudantes de Viana do Bolo traballan a educación en valores a través da radio e fotografía
Redacción
Más en Xornal Escolar
RECETAS
Receta | Cómo hacer un plato de tallarines gratinados con judías verdes y gambas
02/may./24 16:00
LA PEDIATRA HABLA
Epíxtasis o sangrado de nariz en niños: causas y qué hacer
Olga Fernández
02/may./24 13:15
De que se fala
Cuando no se sabe y se hace
Gonzalo Sánchez, Ecovigilante de Franciscanas
24/abr./24 5:00
Escola de Familias
El síncope en los bebés
Olga Fernández, coordinadora de Urgencias Pediátricas de Cosaga
23/abr./24 14:20
Escola de Familias
La importancia de la fisioterapia en el colegio
Iván Prada, fisioterapeuta
10/abr./24 5:00