Xornal Escolar

Estupendos xornalistas no CEIP Manuel Sueiro

Xornal Escolar

Estupendos xornalistas no CEIP Manuel Sueiro

Escolares de 5º de Primaria coa axuda da súa mestra María Aldemira realizanron o traballo que leva por título o "Xornal de Leo"

O alumnado de 5º de Primaria co seu traballo o Xornal de Leo proclamouse campión na súa categoría. A mestra María Aldemira Requejo foi a encargada de dirixir este traballo froito de moito esforzo e adicación. María Aldemira propuxo unha serie de temas que lles explicou previamente aos seus alumnos. Despois, por parellas, foron redactando cada unha das noticias escollidas. No caso das entrevistas preparáronnas todos xuntos. Cando remataron e correxiron os textos, leron as novas a todos os compañeiros de clase e se era preciso, realizaban os cambios. 

O profesor Norberto e a "teacher" Pilar tamén axudaron moito na elaboración deste xornal, ao igual que o profe de prácticas. A todos lle están moi agradecidos.
No Xornal de Leo quixeron mostrar as actividades que realizan na aula, pero tamén as que se fan no colexio. Ademais, foi unha forma diferente de aprender moitas cousas interesantes sen empregar tanto un libro de texto. 

Á hora de escoller o que máis lles gustou do traballo, destacan a entrevista que lle fixeron á orientadora do centro. Tamén, o artigo no que recomendan libros de lectura, xa que a biblioteca é un espazo que visitan moito.

Comentarios