O meu cole chámase...

Eulogio Gómez Franqueira

Mestre, empresario e político

xornalescolar_1512_gomez_franqueira_001

Mestre, empresario e político son as tres características que definen a Eulogio Gómez Franqueira, nacido ás beiras do río Miño no ano 1917. Cenlle foi o lugar onde se criou o ourensán, que estudiou Maxisterio e exerceu como docente durante máis de dúas décadas. A súa vida estivo adicada á cultura e a sociedade galegas, motivos polos que a Xunta de Galicia lle outorgou a Medalla Castelao no ano 1986, dous anos antes do seu falecemento na cidade de Ourense. Durante a súa vida, foi  deputado nas Cortes en Madrid entre os anos 1977 e 1986, ademais de procurador durante máis dunha década.

Vocación agrícola

xornalescolar_1512_gomez_franqueira_002Se hai un eido ó que está relacionado o nome de Eulogio Gómez Franqueira é ó da agricultura. Campesiñas eran as súas orixes e a elas adicou toda a súa vida empresarial. Seguro que che soa o nome da empresa que fundou: Cooperativas Orensanas, que compaxinou coa xerencia da Unión Territorial de Cooperativas Orensana (Uteco).  Foi o seu grande proxecto e da unión de ámbalas dúas naceu o que hoxe coñecemos como Coren. Entre as innovacións que promoveu salientan a creación dunha fábrica de piensos e a producción de ovos. Na súa andaina empresarial participou tamén na creación de Caja Rural de Orense. 

Carreira docente

xornalescolar_1512_gomez_franqueira_003

Como ves, Eulogio Gómez Franqueira foi unha persoa moi emprendedora, pero sempre tivo presente o seu oficio de mestre. Aínda que a súa carreira docente, empresarial e política ten moita relación con Castrelo de Miño, o seu primeiro destino como profesor foi en San Amaro, onde lle renderon homenaxe poñéndolle o seu nome ó centro educativo, en lembranza dos tempos que pasou nas aulas deste municipio da comarca do Carballiño. Tamén en Ourense se lembra a figura do empresario coa rúa que leva o seu nome e que pasa a carón da estación de tren.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar