Franciscanas descobre o Ourense medieval

photo_camera Un grupo de Franciscanas participó en el roteiro "Coñece a cidade medieval" de la Concellería de Educación para descubrir las huellas de la historia en las calles del Casco Vello.
O programa "Coñece a cidade medieval" leva ós alumnos a descubrir as pegadas da historia nas rúas ourensás

“As casas eran máis estreitas e non tiñan algunhas cousas que temos hoxe”. Isto foi o que máis lles sorprendeu ós alumnos de Secundaria de Franciscanas que participaron na actividade “Cidade medieval de Ourense”, un proxecto da Concellería de Educación que leva ós escolares a descubrir os restos da Idade Media que aínda poden verse nalgunhas edificacións do casco vello da cidade.

Dende o Xardín do Posío partiron os estudantes para percorrer, acompañados de educadores expertos, as rúas da zona máis histórica, onde descubriron que as necesidades dos ourensáns na época do medievo pouco tiñan que ver coas que hoxe enchen as casas. Na Praza de San Marcial ou na rúa Hernán Cortés, os alumnos de Franciscanas prestáronlle gran atención ás explicacións descubrindo as pegadas da historia en lugares que lles son moi familiares. 

Outra das cuestións que lles sorprendeu moito foi a dos canteiros e as marcas que deixaban na pedra como sinatura do seu traballo. Estas puideron velas no entorno do Museo Arqueolóxico ou da propia Catedral. Toda a visita estivo acompañada de representacións históricas para tratar de trasladarse a como era a vida no Ourense de antes.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar