AULAS ABERTAS

Futuros xornalistas

Os alumnos do ceip mestre vide acudiron a telemiño, ao programa  Xornal Escolar, e mostraron ter fabulosas capacidades para informar.

Os alumnos do Ceip Mestre Vide amosaron moito interese polo mundo da prensa e por gozar desta experiencia televisiva. Moi dinámicos e activos, exerceron de fabulosos reporteiros e estupendos presentadores no plató de Telemiño.

Manuel Carracedo, Sara Rodríguez e Jaime Vila foron os tres alumnos, co-presentadores, que presentaron, xunto con Conchi Pérez, este divertido e ameno programa escolar.
O director do centro escolar, Juan Manuel Regal, foi un dos encargados de preparar e acompañar aos alumnos nesta divertida actividade. Coordinou, no colexio, durante a visita das cámaras de Telemiño a gravación de tres contidos diferentes:  video de presentación do centro educativo, xogo de nenos (definen obxectos, accións e personaxes sen descubrir a identidade) e por último a gravación de talentos artísticos dos alumnos.

Francisco Javier Pérez é o mestre de Educación Física e o concursante desta semana do Xornal Escolar. Mostrouse encantado coa visita ao plató do Xornal Escolar e superou con moito éxito cada unha das probas ás que o someteron os seus alumnos.
O mestre concursante someteuse ás distintas probas do programa cunha gran naturalidade e respondeu con moito acerto a todas as preguntas que lle formularon os seus alumnos e a presentadora do Xornal Escolar. 

DE PLENO NO CONCURSO
Trala presentación do centro, despois de visionar o video de presentación que realizaron no colexio, comezaron as distintas probas deste espazo de moda.

Someteron a Paco a tres probas ben distinguidas: "quen será será", na que tivo que acertar coñecidos personaxes tras unhas pistas que lle proporcionaban os alumnos. 
E as proba "que acción é e qué faría se fose" na que tivo que acertar unha serie de obxectos e accións onde os alumnos foron moi divertidos e orixinais nas pistas proporcionadas ao mestre.

Paco respondeu a todos os enigmas con éxito. 
Para continuar, os co presentadores someteron ao profesor de educación física a tres bloques de preguntas e tamén respondeu a todas as dúbidas que lle preguntaban

CULTURA XERAL-TRIVIAL

Cal é o pico máis alto de España?
O Teide

Cales son os organos dos sentidos?
Os ollos, o oido, o nariz, a lingua e a pel.

Como é a costa Atlántica Galega?
É recortada, cunhas formacións particulares que se chaman Rías. Galiza, como dice a canción é un sitio distinto.
 

PREGUNTAS SOBRE O CENTRO
Sobre o centro, os co-presentadores, Manuel, Sara e Jaime, formularon o segundo bloque de preguntas, 

Como se elabora o horario no colexio?
Baseámonos nunha disposición legal, está no diario oficial de Galicia, establece o número de horas de cada asignatura, repártense as horas segundo a consellería. Non é complicado elaboralo porque ven moi establecido. Cando non hai medios queda a vontade e a vocación.

Por que non levamos uniforme?
Porque nos centros públicos non é habitual levar uniforme. O uniforme leva un gasto determinado, a roupa podemos herdala dos curmáns ou irmáns maiores. É unha axuda social.

Por que o colegio se chama Mestre Vide?
Mestre Vide era un músico moi importante de Ourense, era organiasta da catedral. Eu recordo cando os domingo ás 9:30 da mañá na catedral misaban en Galego cando estaba prohibido.

PREGUNTAS PERSOAIS

Tes fillos?
Teño dous fillos. A miña filla maior foi alumna neste centro.

Por que decidiches impartir Ximnasia?
Sempre me gustou o deporte. Teño sorte polo traballo que fago e disfruto con el.

Que tipos de libros che gusta ler?
Novelas de intriga e obras científicas.
Para finalizar o programa desta semana Candela sorprendeu cunha actuación en directo ao violín.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?