Os membros da comunidade educativa do CEIP de Luintra teñen unha relación moi estreita
Os alumnos do CEIP de Luintra recibiron ás cámaras de Telemiño e realizaron un vistoso percorrido polas aulas do centro de ensino. Son numerosos os programas e proxectos nos que o alumnado do CEIP de Luintra participa cada curso. Entramos na aula de Infantil, onde estudan os alumnos de tres, catro e cinco anos. Coñecemos a aula de música e a biblioteca escolar, onde atopamos un mundo de aventuras. Os encargados explicaron que o Día do Libro comezaron os préstamos dixitais.
Damián creou a mascota da biblioteca que se chama Leo.
Todos os alumnos gozan do marabilloso patio, onde teñen un carriño de froita e no recreo toman unha peza de froita. Durante a visita ao centro destacaron que a comida do comedor é moi sabrosa. A clase de 4º, 5º e 6º estaban a traballar cos ordenadores e entramos na aula de inglés onde reforzan a competencia oral e escrita da lingua inglesa cunha auxililar de conversa.