XORNAL ESCOLAR

Hábiles diante das cámaras e cheos de talento

photo_camera Os rapaces do colexio IES Cidade de Antioquía no plató de Telemiño.

Alumnos e alumnas do IES Cidade de Antioquía participaron no programa Xornal Escolar de Telemiño onde aproveitaron para presentarnos o seu centro e todas as actividades que realizan

A profesora de Música do IES Cidade de Antioquía, María José Mosquera, foi a concursante convidada no programa Xornal Escolar de Telemiño. Un grupo de 18 escolares do centro de ensino limián participaron por primeira vez no programa onde o pasaron estupendamente e coñeceron de primeira man como funciona un medio tan interesante como é a televisión.

Antes de comezar coas probas ás que someteron á profesora María José, todos xuntos compartiron un video de presentación do IES no que percorreron as instalacións primeiro e despois se centraron dun xeito especial no ciclo formativo de forestais co que conta, que ademais é único na provincia e ten moita demanda. Deste xeito presentaron cada espazo co que contan no centro educativo tanto para as clases teóricas como para todas as prácticas que realizan dentro do ciclo de forestais.
Xabier, Alba e Yaiza foron os tres alumnos que exerceron de co presentadores e axudaron a Conchi Pérez con esta labor. 

Tras ver o video comezou o momento máis agardado, o das probas. Primeiro, a concursante tivo que adiviñar unha serie de obxectos, accións e personaxes e para elo contou cunha serie de pistas que lle proporcionaron os propios alumnos. Pola súa banda, María José respostou con éxito a cada un dos acertixos.

Tras este divertido bloque, a convidada tivo que respostar a unha serie de preguntas que dividiron en tres bloques ben diferenciados: cultura xeral, preguntas sobre o centro e preguntas persoais, estas últimas son as que prefire os escolares xa que lles gusta saber que lles gusta e que fan os seus mestres no tempo de ocio.

ROUND 1   CULTURA XERAL   

Cales son os nomes dos "domingos" do Entroido de Xinzo?

- É un entroido de mes e medio, foi o primeiro que aprendín ao chegar a dar clases a Xinzo. Son o Fareleiro, Oleiro, Corredoiro, Entroido e rematades co Domingo de Piñata.

Que lle pasou á Lagoa de Antela?

- Había unha lagoa na zona de Xinzo e nos anos 50 ou 60 secáronna. Agora está canalizada e queda moi pouco do que era a lagoa.

Por que sempre os pais e as nais insistides tanto en que temos que estudar?

- A cultura nunca está de máis e é necesaria para que sexades homes e mulleres de proveito. Ninguén vos vai poder enganar sempre que vos teñades cultura e saibades. É necesario para a vida.

ROUND 2   O COLEXIO

Sabes cales son as tres bandeiras que ondean no instituto?

A galega, a da Unión Europea e a española.

Por que non facemos viaxes de fin de curso cada ano?

No instituto hai un programa Erasmus+ e tamén outro de prácticas no estranxeiro para o alumnado de agraria. Os profesores tamén poden participar nunha itinerancia. O que sí facemos sempre é unha viaxe ao finalizar a etapa, en 4º de ESO.

Podería dicirnos o nome de catro bocadillos que se venden na cafetería?

Claro que sí. Destacaría especialmente o de tortilla que fai María, é riquísimo. Tamén venden bocadillos de bacon, lomo, salchichón, chourizo, etcétera.  

Antes de pasar ao turno de preguntas persoais, dende o plató deron paso ao video de talentos. Sara foi a protagonista deste espazo xa que tocou co violín a banda sonora de "Pirates del Caribe".

ROUND 3  A PERSOA   

Non vos animades a levarnos ao Acuario de A Coruña?

Está ben pedir e creo que é unha saída moi interesante. Habería que miralo, o maior inconvinte é que son 4 horas de autobús, pero mirarémolo.

Que opina da educación na casa con aplicacións informáticas?

Hoxe en día, a través da tecnoloxía tendes acceso a moitísima información, pero para nós, os profesores, nos faltaría un aspecto fundamental que é a socialización. A maneira de estar en sociedade é xunto aos amigos, compañeiros, etcétera.

Que opina de empregar os ordenadores e tablets no lugar de libretas, libros e bolígrafos?

Esto é un tema que daría para debatir moito. Hai que adaptarse ás novas tecnoloxías, pero a mín persoalmente gústame o papel e ler un libro e pasar as follas. Ben é certo que se aforraría moito papel polo que é un tema complexo.

Antes de despedir o programa e aos convidados, Alba, outro dos talentos do centro, tocou co clarinete unha canción de Michael Jackson.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar