XORNALISTAS NA ESCOLA

Magníficos reporteiros nos colexios ourensáns

O xurado tivo a difícil tarefa para seleccionar primeiro aos finalistas e despois aos que serían os gañadores

A terceira edición do concurso "Haz tu propio Xornal" remata coa presentación dos gañadores de cada categoría. O balance xeral foi moi positivo, tanto no que se refire ao número de participantes como pola calidade dos traballos presentados. Alumnos e alumnas dende 1º de Primaria ata 4º de ESO elaboraron preto de medio centro de traballos xornalísticos. O xurado tivo a difícil tarefa para seleccionar primeiro aos finalistas e despois aos que serían os gañadores definitivos do concurso. Semana a semana publicáronse no Xornal Escolar os traballos finalistas e hoxe tócalle o turno aos gañadores de cada categoría.

Tanto os premiados como os finalistas coinciden en sinalar o froitífera que foi esta actividadade por todo o que aprenderon os escolares sen ter que recurrir aos libros de texto, e tamén polos valores que se fomentan con este tipo de actividades, como o compañeirismo ou o traballo en equipo. Os escolares decantáronse por recoller nos seus xornales temas de actualidades, as actividades e proxectos que desenvolven nos seus centros de ensino, interesantes entrevistas e moitos contidos de interés para os lectores.
 Na actividade participaron centros de ensino de toda a provincia e, coa colaboración dos seus profesores, os alumnos demostraron ser uns estupendos xornalistas, capaces de buscar a noticia, documentarse e sintetizar á perfección os contidos informativos para así amosar magníficos traballos froito de moito esforzo e adicación.
Dende este espazo queremos felicitar a todos os participantes polos bos traballos que elaboraron, polo seu esforzo e pola calidade dos contidos. Agardamos que o vindeiro curso volvan a participar e aqueles centros que non o fixeron que se animen xa que é unha magnífica experiencia educativa.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma