XORNAL ESCOLAR

Material de refugallo recollido nunha exposición

unitarias_result
photo_camera O grupo de escolares durante a visita ao CEIP de Seixalbo.

O alumnado do CEIP de Seixalbo, xunto ás súas familias expoñen no centro artigos elaborados por eles mesmos

Hai uns días, os alumnos das escolas unitarias de Santa Cruz e de Noalla, ambas pertencentes ao Concello de San Cibrao das Viñas, uníronse á Escola de Educación Infantil de Taboadela para participar nunha interesante actividade fóra do centro. É frecuente que estes tres centros de ensino compartan actividades xa que están moi unidos e os docentes das tres escolas ocúpanse de ofrecerlle aos seus escolares o máximo número posible de interesantes actividades. 

Nesta ocasión visitaron o CEIP Plurilingüe de Seixalbo, pero nesta ocasión non se trataba da habitual xornada de convivencia que comparte cada curso, senón da visita a unha estupenda exposición que acolle este colexio que consiste nunha impresionante colección de obxetos  elaborados con material de refugallo polos alumnos e familiares do centro. 
Resultou ser unha fantástica experiencia na que os cativos amosáronse encantados con todos os obxetos  que lles presentaron.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar