Moita soltura ante as cámaras

Os escolares do ceip de punxín participaron no programa Xornal Escolar de Telemiño, onde compartiron unha estupenda experiencia xunto á súa mestra María Pereira

O grupo de escolares do CEIP de Punxín, acompañados pola súa mestra María Pereira, visitaron as instalacións de Telemiño para participar no programa Xornal Escolar. Tratábase da primeira vez que participaban no programa e a experiencia foi todo un éxito xa que se divertiron moito ao tempo que coñeceron de primeira man un plató de televisión e o seu funcionamento.

Antes de comezar coas probas ás que someteron a súa mestra, viron o video que días antes prepararon no colexio, nel presentaban as súas marabillosas instalacións e nos amosaban como é o seu día a día e todas as actividades que levan a cabo. Deste xeito, fixeron un percorrido polos patios do centro, onde teñen un tobogán e uns columpios. Na aula, percorreron se detiveron no rincón de informática, no da lectura, no espazo dos xogos e tamén nos presentaron á súa mascota que se chama "Cori". 

Carla, Miguel e Antía foron os co-presentadores e axudaron a Conchi Pérez na súa labor dun xeito magnífico. O resto dos alumnos do centro estiveron entre o público animando en todo momento á súa mestra e aos seus compañeiros. 

Na primeira das probas, María Pereira tivo que adiviñar unha serie de obxecto, accións e personaxes partindo dunhas pistas que lle proporcionaron os propios alumnos. O seguinte bloque consistiu en respostar a unhas preguntas e curiosidades que tiñan os alumnos e dividiron estas cuestións en preguntas de cultura xeral, sobre o cole e preguntas persoais, que tanto lles gustan aos alumnos para saber algo máis da súa profesora. 

ROUND 1   CULTURA XERAL   
Cantos idiomas hai no mundo?

- Eu penso que moitos, moitísimos. Creo que ata 5.000 idiomas diferentes, aínda que algúns se empregan moitísimo, mentras que otrous moi pouco.
Cantos planetas hai na nosa órbita?
- Hai nove, mellor dito había nove, agora son oito ca que Plutón no está xa considerado como un planeta.
Que é a emigración?
- Resumindon poderiamos dicir que a emigración é cando alguén ten que deixar o seu país ou a súa casa para buscar traballo noutro xa que no seu país non o hai.

ROUND 2   O COLEXIO

Como se chama o fundador do noso colexio?
- Chámase Benigno Quiroga. Inagurouse o noso colexio no ano 1923. Benigno era emigrante e derivou unha cantidade de cartos para realizar actividades relacionadas co ensino.
O noso colexio, que era antes de ser un colexio?
- Xusto antes de ser o colexio que é hoxe, foi un centro de formación profesional, sempre relacionado co ensino.

Por que non nos deixa ir a xogar ao patio de atrás?
- Non vos deixo ir a xogar alí porque é un patio moi grande e vós sodes moi pouco e alí non vos podo ter ben controlados. Ben é certo que a veces imos alí e tamén tedes aí as clases de educación física.  


ROUND 3  A PERSOA   
Dende cando sabe que quería ser profesora?

-Seino dende sempre. Cando era moi cativa, máis do que sodes vós agora, xa sabía que quería ser profesora. Esforceime moito para logralo porque creo que non hai nada máis bonito que traballar no que realmente gusta, é marabilloso.
Gústanlle máis os coles pequenos ou os grandes?
-Como mestra recomendo a todos os profesores a pasar por un cole como este porque é moi enriquecedor e o trato é moi familiar. Creo que os coles grandes tamén teñen o seu encanto. É distinto.

Por que leva ao seu fillo a outro colexio e non lle da vostede clase?
-Porque non estou sempre no mesmo cole, hoxe estou aquí e mañá noutro sitio e o meu fillo non pode andar cambiando de colexio, precisa unha estabilidade.
Para rematar e antes de despedirse, todos xuntos fixeron balance do que foi a súa experiencia en televisión e encantoulles ata tal punto que están desexando voltar o vindeiro curso. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar