XORNAL ESCOLAR

O mundo audiovisual desde dentro

20171211110923281_result
photo_camera Marian e Santi durante a gravación da última proposta do xogo educativo "Sabías que..?".

O xogo educativo "Sabías que...?" de AugaEscola  propón esta semana o último termo, Caudal Etaps

Amosar como é o traballo diario dos xornalistas, comerciais e cámaras que realizan a súa labor nuha televisión ou diario local é o tema central do programa Xornal Escolar desta semana. Un grupo de mozos e mozas procedentes do colexio Divina Pastora O Barco foron os convidados ás intalacións que Telemiño e La Región dispoñen no Polígono de San Cibrao.

Foi unha experiencia única e inesquecible na que os propios alumnos foron os que gravaron e presentaron as imaxes que poderán ver este sábado no programa que Telemiño emite a partir das 14.00 horas. Conchi Pérez contou así cuns colaboradores magníficos que aprenderon moi rápido todas as indicacións que lles proporcionaron antes da gravación. O resultado: un programa do máis divertido que ninguén debería perderse. 

Augaescola

A sección AugaEscola de Viaqua propón esta semana unha nova entrega do xogo educativo que leva por nome "Sabías que?", que está a achegar aos estudantes unha selección de termos relacionados con mundo da auga e do ciclo urbán da auga na cidade de Ourense. Esta semana os expertor Marian e Santi lanzan o seguinte termo: Caudal ETAP´s. Os escolares do colexio de Mende foron os encargados de dar a súa definición e posteriormente os expertos aportaron a resposta máis correcta e completa.

O Caudal Etaps é a Estación de Tratamento de Auga Potable. En Ourense hai dúas, unha en Coiñás e a outra en San Francisco. Son as infraestrucruras encargadas de tratar a auga captada no Miño e no depósito de Castadón/Cachamuiña para facela apta para o consumo humán.

Latricar

Esta semana a sección de Latricar gravouse no propio plató de Telemiño. Alí os escolares de O Barco foron os encargados de falar sobre o que foi a súa experiencia na televisión, todo o que aprenderon e o ben que o pasaron na súa visita á cidade de As Burgas.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?