As novas escolas e a súa metodoloxía

xornalescolar_210929_dequefala_01_resultado
photo_camera As novas escolas teñen unha metodoloxía alternativa.
Este tipo de centros fomentan un contacto moi estreito coa natureza e co medio no que están proximamente relacionados os nenos e nenas.

O outro día chamoume moito a atención o caso que me contaron dunha cativa que ía a unha escola que poderiamos dicir que está moi de moda, esta clase de escolas onde os nenos e nenas están na natureza e son eles mesmos os directores da súa aprendizaxe. Pois ben, esta cativa foi cos seus avós ó parque e de súpeto nuns segundos de despiste non atopaban a nena, que marchara facer caca detrás dunha árbore. Os avós, abraiados, preguntáronlle á nena por que non pedira de ir o baño, e ela contestou que é así como fan no cole, pis e caca cando queren onde queren, sen pedir permiso.

Teño que admitir que a historia é curiosa, nunca tal escoitara, pero si que xa tiña oído falar outras veces deste tipo de escolas que están comezando a aparecer cada vez máis.

A miña opinión, é tan só iso, unha opinión de alguén que non coñece en profundidade a metodoloxía que seguen estes centros e que o pouco que coñece é por historias contadas por coñecidos. Por iso falarei dos aspectos nos que estou a favor e outros nos que teño as miñas dúbidas.

A favor

Por exemplo, o contacto coa natureza. Este tipo de centros fomentan un contacto moi estreito coa natureza e co medio no que están proximamente relacionados os nenos e nenas.

Para poder entender e interiorizar o respecto e o coidado dos animais e plantas da súa contorna, será moi importante experimentar todo iso en primeira persoa, coidando un animaliño ou vendo medrar unha planta. Porque, como podemos saber como ule unha rosa se non a temos diante? Ou como podemos escoitar o son que fai unha abella ó voar se non está preto de nós?

xornalescolar_210929_dequefala_02_resultado

Pero por outro lado, haberá quen opine que, a non ser que vivas nunha cidade, os que vivimos en aldeas ou vilas, antes ou despois veremos mil e un insectos pululando pola nosa casa ou teremos macetas cheas de flores nas nosas fiestras e terrazas e senón, seguro que teremos a casa dos nosos avós repleta de natureza coa que xogar e experimentar. Ainda así, para poder experimentar estas situacións non fai falla que o noso cole estea no rural, xa que podemos recrear ambietes coma unha horta, no patio da nosa escola elaborando, por exemplo, un caixón con terra e plantando hortalizas e flores.

No tocante ós recursos, estes centros empregan moitos elementos recollidos da natureza coma follas e pauciños e materiais de refugallo os cales a min persoalmente encántanme e emprego moitísimo cos meus alumnos pero penso que tamén e importante o uso das novas tecnoloxías xa que privalos de experimentar cun ordenador ou empregar un taboleiro dixital creo que é illalos do mundo real. Eu opto por darlles gran cantidade e variedade de recursos tanto materiais coma humanos. E todo isto sempre tendo moi presente que eles e elas son pequenos en idade pero moi capaces de aprender toda clase de cousas das que ás veces son privados por que hai xente que pensa que sería moi complexo e non o entenderían. 

Na miña aula (unha aula ordinaria) cando traballamos Exipto, por exemplo, amósolles documentais para adultos, con imaxes reais e palabras complexas relacionadas con Exipto, todo previamente programado e estruturado por min. Cando eles e elas ven estes vídeos, escoitan palabras novas, ven imaxes que os impresionan e así xorde o interese e as preguntas. Algúns deles e delas aprenderán unha ou dúas palabras novas, outros moitas máis e outros ningunha pero quedarán abraiados con esas imaxes e quererán saber máis e preguntarán e medrará dentro deles a curiosidade. Eses coñecementos serán reforzados con manualidades e xogos nos que empregaremos, ou non, materiais de refugallo, e quedarán fixados na súa mente por que o que se aprende dende un enfoque divertido e manipulativo, non se esquece.

Formarse na sociedade

O importante, na miña opinión, é axudar ós cativos e cativas a formarse como seres que viven en sociedade, que se relacionan con outras persoas e seguen unhas normas, así como a forxar un pensamento crítico e inovador pero sempre dende o respeto. Ademais, dende a miña ignorancia e respecto por todos, penso que certos tipos de métodos que se seguen nalgúns centros, condicionan demasiado certos comportamentos nos pequenos, comportamentos non demasiado extendidos na poboación e non os prepara para un futuro real.

Para rematar, dicir que todo isto non tería sentido sen ter por detrás unha programación que nos axude a estruturar esas aprendizaxes, a seguir unha orde temporal seguindo uns pasos; así como uns obxectivos, un “que queremos conseguir”. Ademais de ter claro os ambientes nos que nos imos mover e unha idea básica dos materiais que empregaremos, e digo básica por que xa se sabe que todo isto pode cambiar a medida que os nenos e nenas van experimentando, aprendendo e lles van xurdidos novas preguntas para as cales non tiñamos nada programado pero que se irán facendo sobre a marcha coa súa axuda e das familias. Por que esto é o fermoso de ensinar a cativos, que ti pensas que lles estas ensinando a eles pero en realidade eles están constantemente ensinándoche a ti, a medrar como persoa e a mellorar como mestra e polo cal saberás que este é o mellor traballo do mundo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma