XORNAL ESCOLAR

O plató de Telemiño fascina

photo_camera El Ceip Rogelio García en Telemiño.

Todos os alumnos de Ramirás acudiron a Telemiño, ao programa Xornal Escolar xunto co mestre de Educación Física, José Manuel Varela, que respondeu con éxito a todas as preguntas.

 

O Ceip Rogelio García Yáñez é un centro educativo moi dinámico que realiza interesantes e novidosas actividades ao longo do curso escolar. Tamén participan nunha gran variedade de concursos. Por segundo ano consecutivo visitaron o plató de Telemiño para participar no programa educativo Xornal Escolar.

Dende o Departamento de Orientación os alumnos traballaron na preparanción deste programa dun xeito moi dinámico, no que participan todos os mestres e alumnos do centro.

Coa preparación deste programa estimulan a aprendizaxe e dan a coñecer a gran labor educativa e humana que desempeñan os mestres. Tamén despertan o interés nos alumnos polo munda da prensa e fomentan a creatividade coa faceta de reporteiros. Para que os alumnos coñezan o proceso de gravación do Xornal Escolar e participen ademais nas tarefas de realización leváronse a cabo previametne unha serie de actividades perfectamente organizadas.

Despois dunha sesión informativa sobre os medios de comunicación e os obxectivos do programa educativo de Telemiño os alumnos de 5º e 6º de primaria elaboraron preguntas dos tres bloques nos que se divide o programa (preguntas de cultura xeral, do colexio e preguntas persoais).

O mestre concursante non participa nestas sesións informativas e de preparación da labor de xornalistas dos seus alumnos.

Con esmero e ilusión traballan na dificil pero agradable tarefa de informar e investigar.

Todos exerceron de fabulosos xornalistas e coñeron os límites que en periodismo non se deben sobrepasar. Os alumnos disfrutaron desta agradable e divertida actividade.

Estes mesmos alumnos xunto coas dúas alumnas de 4º de primaria, Dania e Analía elaboraron o guión de presentación do seu colexio.

En consecutivas sesións selecionáronse aos 3 alumnos que, en respresentación de todos os alumnos, axudan a Conchi Perez a dirixir este espazo noplató de Telemiño.
O mestre concursante, José Manuel Varela, é o titor dos dous últimos cursos de Educación Primaria.

En 3º e 4º iniciou ó mundo da robótica mediante xogos de programación por bloques. Para iso utiliza diversos programas, entre eles: CODE.ORG, SCRATCH…. En 5º e 6º, ademais de seguir coa formación iniciada anteriormente, están a traballar na construción e programación de robots de Lego Mindstorms ev3..

DE PLENO NO CONCURSO

Trala presentación do centro, comezou o concurso onde someteron a José Manuel a tres probas ben distinguidas: "qué será será", "que acción é, qué faría se fose" e por último "quen é". O profesor respostou a todos os enigmas con éxito. 
Para continuar, os co presentadores someteron ao seu titor a tres bloques de preguntas.

PREGUNTAS SOBRE O CENTRO

Por que decidiches comezar o proxecto sobre robótica?

O ano pasado fixen un curso sobre robótica no Cefore (centro de formación do profesorado), gustoume e puidemos mercar robots. É un tema novidoso que gosta moito e agora estamos aprendendo a programar por bloques.

Como foi o primeiro día neste colexio?

No ano 2007 cubrín unha baixa de 15 días como mestre de Educación Infantil. Cando aprobei a oposición voltei como mestre de Educación Física. Levo xa catro anos consecutivos neste centro educativo, dende o ano 2012.

Que excursión planificarías cos alumnos ?

Posiblemente iría a esquiar, eu quero aprender e sei que eles queren esquiar. Iriamos todos a Manzaneda a esquiar. Sería unha bonita e divertida excursión na provincia de Ourense.

PREGUNTAS PERSOAIS

A donde foi a túa primeira viaxe e cantos anos tiñás?

A típica viaxe de 8º de EXB a Port Aventura con 13 anos. 

Cal foi o mellor día da túa vida?

Non sabería decir un só, podo dicir varios (celebracións familiares, éxitos profesionais e deportivos...)

Cantos deportes practicas a semana?

Moitas veces á semana xogo ao padel, fago running e xogo ao futbol os fins de semana. Entrenamos pola semana varios días.

Por segundo ano consecutivo participaron neste espazo de Telemiño e xa pensan no próximo curso escolar. Fabulosos reporteiros temos no Ceip Rogelio García Yáñez de Ramirás.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?