XORNAL ESCOLAR

Poñendo o toque doce ao Entroido

Barbadás. 23-01-16. Local. Obradoiro de repostería de entroido para nenos na casa da xuventude de Barbadás. actividade organizada pola concellería de Cultura.
Hugo, Ana, Michael.
Foto. Xesús Fariñas
photo_camera HUGO, ANA e MICHAEL o pasaron en grande durante o obradoiro de repostería.

Os nenos contan con actividades especialmente pensadas para eles, como foi o caso do recente Obradoiro de Repostería Entroideira que acolleu a Casa da Xuventude

A Concellería de Cultura do Concello de Barbadás presentou un amplo programa de actividades lúdicas de Entroido. Entre as propostas, que arrancaron este pasado sábado e que se prolongarán ata o 9 de febreiro, sucederanse todo tipo de citas relacionadas con esta popular celebración en varios puntos do Concello.

Os nenos contan con actividades especialmente pensadas para eles, como foi o caso do recente Obradoiro de Repostería Entroideira que acolleu a Casa da Xuventude e que estaba destinada a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos.

Deste xeito os cativos divertíronse moito elaborando eles mesmos unha serie de postres e tomando boa nota dos ingredientes precisos para cada un deles. Coa axuda duns monitores pasaron un bo rato e aprenderon uns trucos de cociña que a bo seguro compartirán estes días coa familia co fin de engadirlle un aspecto doce a esta festa que está a piques de comezar.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar