AULAS ABERTAS

A presentación aprendizaxe de calidade

No ceip carlos casares poñen o acento na adquisición de competencias clave que supón a combinación de habilides prácticas, coñecementos, motivación, valores éticos, actitudes ou emocións

No municipio ourensán de Xinzo de Limia está ubicado o CEIP Carlos Casares, un centro de ensino que definen como un "lugar de encontro", onde a comunidade educativa coopera na procura de procesos de ensino-aprendizaxe que promovan unha escola para todos e todas. Este curso conta cun total de 390 escolares, repartidos nas modalidades educativas de Infantil e Primaria, todos chegan ao centro procedentes do municipio de Xinzo e de poboacións próximas.

O equipo docente é consciente da necesidad de proporcionarlle ao seu alumnado unha educación de calidade, apostando por unha escola pública plural, aberta e competente, tanto en recursos como en formación. Para elo, profesorado, alumnado e familias traballan en conxunto, existe así unha actitude de colaboración e cooperación en todas as propostas o que permite o desenvolvemento de moitas propostas didácticas e organizativas do centro que resulta do máis froitíferas para os escolares. 

No tocante aos servizos complementarios que oferta o CEIP Carlos Casares destaca o transporte e o comedor escolar. No que se refire a este último, fan uso deste servizo un total de 267 comensais, un elevado número de escolares polo que precisan da colaboración de dez nais e tres persoass como persoal de cociña. No tocante ao transporte escolar, fan uso deste servizo en torno a 140 alumnos e alumnas que teñen o seu domicilio fóra do núcleo urbano onde está ubicado o centro. 

No ámbito pedagóxico, o persoal docente pon o acento na adquisición das competencias clave que supón a combinación de habilidades prácticas, coñecementos, motivación, valores éticos, actitudes, emociones e outros compoñentes sociais e de comportamento que se mobilizan conxuntamente para alcanzar unha aprendizaxe eficaz. Por tanto, non só hai un desenvolvemento curricular das disciplinas propias de educación Infantil ou Primaria, senón hai un coñecemento adquirido a través da participación activa en prácticas que se levan a cabo máis alá da aula a través de actividades complementarias e extraescolares desenvoltas ao longo do curso escolar. Esta praxis combínase cunha aposta pola novas tecnoloxías aplicadas á educación coa dixitalización de todas aulas, así como a dinamización da mellora da competencia lingüística e comunicativa no só da lingua galega e castelá, senón tamén da lingua inglesa a través do Programa de seccións bilingües. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar