WHATS APP AO DIRECTOR

Programación para nenos

La Molinera está a ser o escenario  dun obradoiro de programación sobre os os circuítos dirixido a rapaces

O Centro de Coñecemento La Molinera está a ser o escenario escollido para acoller un interesante obradoiro de programación no que rapaces e mozos, con idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos, pasarán un bo rato aprendendo cousas interesantes sobre o mundo da programación e os circuítos. As citas serán todos os martes, dende este pasado ata o 30 de xuño, con horario de 18.00 a 19.30 horas.
Con esta actividade búscase que os nenos e mozos desenvolvan unha actitude curiosa e lúdica hacia este apaixoante mundo da programación. Deste xeito, a organización o que pretende é que os máis novos da casa se abran ás novas vías de exploración, creación e coñecemento, que doutra maneira son escasamente accesibles aos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos. Con estas sesións, os participantes profundizarán no mundo das novas tecnoloxías, ao tempo que podrán reflexionar sobre a capacidade de poder solucionar pequenos problemas interactuando cos centros de ensino.

Mediante o conxunto de pequenas placas electrónicas de LEGO, os participantes poderán conectar as diferentes partes dun circuíto (motores, sensores de luz, sensores de presión, pulsadores, leds, micrófonos…) sen ter que soldar, nin cortar cables. A diversidade dos módulos permite realizar obras e aparellos verdadeiramente complexos, sorprendentes e estimulantes, que os alumnos poden programar para que realicen as funcións a través de Scratch.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar