XORNAL ESCOLAR

Punto Limpo Móbil

punto_limpo_triptico-1-_result
photo_camera Punto limpo tríptico.

O Concello de Ourense pon en marcha puntos móbiles desde o 16 de febreiro,
con sete zonas de recollida na cidade

Co obxectivo de facilitar á cidadanía a reciclaxe de pequenos residuos xerados no fogar, o Concello de Ourense porá en marcha desde o próximo luns, día 16 de febreiro, o Punto Limpo Móbil. Con sete zonas de recollida, o punto limpo ubicarase cada día, de luns a sábado, nunha zona da cidade. O novo servizo foi presentado polo concelleiro de Limpeza, José Ángel Vázquez Barquero, e o xerente de Ecourense, concesionaria do servizo, Javier Janeiro.

Con esta iniciativa, a cidadanía poderá depositar no punto limpo móbil, sen necesidade de desprazarse a un punto limpo fixo, os seguintes residuos: aparellos eléctricos e electrónicos, pilas, mobles e enseres voluminosos, papel e cartón, radiografías, restos de pintura, tintas e disolventes, aerosois, lámpadas e tubos fluorescentes, vidro plano, aceite usado de automoción, roupa e calzado, madeiras, metais e aceite usado vexetal.

O concelleiro de Limpeza subliñou que será un servizo que reforce os puntos limpos fixos, de Eiroás e Santa Mariña, de xeito que a cidadanía non se teña que achegar a éstes a depositar os residuos. Así mesmo, poderá empregarse o punto limpo móbil para reciclar residuos para os que xa hai colectores específicos na cidade, como aceites usados ou roupa. O vehículo estará habilitado para recoller os diversos residuos, delimitado con colectores específicos, e cunha ruta establecida.

O xerente de Ecourense, a empresa concesionaria do servizo, valorou a iniciativa coma un complemento máis para mellorar a limpeza da cidade. Trátase de facilitar á cidadanía o poder eliminar un disco, a batería dun móbil, aceite doméstico, etc. “Achegamos o punto limpo á cidadanía. En definitiva, trataremos de ofrecer un mellor servizo de limpeza”. O servizo de voluminosos seguirá funcionando como é habitual, independentemente do novo servizo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?