Reciclando xoguetes

mercadillo_solidario_2013_017

Os fabricantes españois introducen criterios medioambientais nos procesos de fabricación como a utilización de materiais reciclables

A medida que crecen os nenos, máis capacidades adquiren e as súas respostas naturais ós xogos e xogueten varían. Os intereses cambian segundo as capacidades e habilidades que van conquistando. Os nenos precisan renovar os xoguetes pero, que acontece con aqueles que xa non usan? Co fin de promover o seu reciclaxe, a Asociación Española de Fabricantes de Juguetes (AEFJ), creou algúns consellos para reciclar os xoguetes.

O reciclaxe dos xoguetes pode ser unha estupenda actividade para compartir entre pais e fillos e unha boa maneira de implicar ós máis cativos no reciclaxe, neste caso dos seus xoguetes, o que lles permite transmitir valores como a cooperación e a solidaridade, ademais de educar no consumo responsable e a conservación do medio ambiente.
Para darlle una nova vida ós xoguetes, os fabricantes españois introducen criterios medioambientais nos procesos de fabricación como a utilización de materiais reciclables.

Algúns xoguetes en concreto deben ser depositados en puntos de reciclaxe que permitan a reutilización dos seus materiais. A AEFJ recomenda seguir unha serie de consellos para dar un novo uso ós xoguetes depois do seu uso:

1- Se os xoguetes aínda serven, ofrecerllos a familiares, amigos ou coñecidos con fillos menores.
2- Levalos a unha gardería, colexio ou ludoteca.
3- Cédelos a un ambulatorio ou a un centro hospitalario.
4- Dónalos a unha institución sen ánimo de lucro.
5- Se son algo antigos, diríxete a un dos museos de xoguetes que poda existir onde vives. Podrían ser útiles para completar algunha colección.
6- Pon un anuncio e lévao a unha gardería, escola ou cólgao en internet para ofrecello a persoas que realmente o precisan.
7- Lévaos a un centro de acollida infantil.
8- Dónaos a un mercado benéfico.
9- Fomenta a tu creatividade e dalles novos usos.
10- No caso dos xoguetes inservibles, retíralles as pilas e deixaos nun punto limpo de reciclaxe.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?