Concurso escolar

La Región anima aos escolares a poñer en valor a riqueza natural da Ribeira Sacra

xornalescolar_211020_ribeirasacra_01
photo_camera A Ribeira Sacra é un lugar perfecto para o turismo familiar.
A primeira edición do concurso de relato, debuxo e podcast ten aberto o prazo de inscripción dos participantes ata o vindeiro domingo, día 31 deste mes

Co obxectivo de poñer en valor a Ribeira Sacra e a súa contorna, La Región, en colaboración coa Xunta de Galicia, convoca a primeira edición dun concurso escolar para concienciar ós máis cativos con esta zona da provincia de Ourense, fomentar a relación coa natureza e impulsar a creación literaria e artística dos escolares da provincia. 

O certame, dirixido a alumnos dos tres últimos cursos de Educación Primaria e de Secundaria dos centros educativos ourensáns, ten aberto o seu prazo de inscripción ata o día 31 de outubro a través da páxina web xornalescolar.laregion.es, mentres que a recepción dos traballos será durante todo o mes de novembro. A partir de entón, haberá unha votación popular durante os primeiros 15 días de decembro e o 16 dese mes, daranse a coñecer os finalistas. Un grupo de expertos será o encargado de nomear de entre este grupo ós gañadores o 21 de decembro

As modalidades do concurso son tres: debuxo, redacción e podcast. Mentres as dúas primeiras son individuais, a terceira será grupal por aulas. Os participantes poderán presentar propostas ás tres categorías, sempre e cando sexan traballos orixinais e en galego. A temática é libre, pero centrada no patrimonio, historia e riqueza da Ribeira Sacra.

Os gañadores das modalidades individuais gañarán un reloxo smartwatch, mentres que a aula vencedora do podcast gozará dunha xornada lúdica e deportiva na Ribeira Sacra a finais de curso. Estes nomes corresponderán con aquelas persoas que presenten uns traballos máis orixinais e creativos, nos que se valorará tamén a calidade técnica propia de cada unha das categorías. Os detalles das bases están disponibles no enderezo concursos.laregion.es.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar