XORNAL ESCOLAR DE TELEMIÑO

Sporting Sogama vs Atlético Pilabot

Alumnas Franciscanas lendo La Región
photo_camera Alumnas Franciscanas lendo La Región

Dous equipos participan no xogo educativo do coidado do medio ambiente nun terreo de xogo semellante a un campo de fútbol

Este sábado, 9 de febreiro, o programa Xornal Escolar de Telemiño daralle un trato moi especial ao coidado do medio ambiente. Para elo recollerán unha recente actividade celebrada no colexio Divina Pastora Franciscanas, o Xogo Xigante de Sogama, Un partido polo planeta.


LATRICAR


Serán os propios escolares que participaron no xogo educativo de Sogama os encargados de "latricar" ao remate do partido. Ofrecerán así unha rolda de prensa coas súas sensacións e resultados, a favor da aprendizaxe.


Escolares de Franciscanas explican o proxecto "Apuntámonos a non beber"


Así, os equipos Sporting Sogama e Atlético Pilabot amosarán o seu xogo limpo e o ben que saben dixerir a derrota e tamén o feito de gañar este encontro tan importante.


XORNAL


Cada semana un grupo de nenos e nenas son os encargados de ler o xornal La Región e comentar as novas máis destacadas. Nesta ocasión o fará un grupo de alumnos do colexio Divina Pastora.


REPORTAXE


O programa educativo de Telemiño tamén recollerá unha actividade moi interesante na que están a participar os alumnos de Franciscanas. Denomínase "Apuntámonos a non beber". Dous alumnos deste centro educativo contarán en que consiste esta actividade e as súas impresións. Trátase dunha iniciativa de prevención do consumo de alcol da Consellería de Sanidade.


ESCOLA DE FAMILIAS


Gonzalo Sánchez, profesor do colexio Divina Pastora e Ecovixiante será o protagonista desta sección e o encargado de proporcionarnos unha serie de consellos para ter en conta nas nosas casas para reducir, reciclar e reutilizar.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?