XORNAL ESCOLAR

Traspasando fronteiras

photo_camera Edificio educativo do CPI Laureano Prieto de A Gudiña.

Os alumnos de educación secundaria obrigatoria, do cpi laureano prieto, levan a cabo un proxecto que potencia o uso da nosa lingua

O CPI Laureano Prieto atópase no concello de A Gudiña, un municipio da provincia de Ourense, pertence á Comarca de Viana e sitúase no límite coa veciña provincia de Zamora.  O que máis destaca deste colexio é que é un colexio moi familiar.

Neste centro conviven alumnos de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria. En educación infantil hai unha soa aula, os alumnos de tres, catro e cinco anos (4º, 5º e 6º de educación infantil) comparten aula. En educación primaria teñen os cursos agrupados en dúas unidades: os estudantes de 1º, 2º e 3º de primaria nunha aula e os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria noutra.

Nas materias de matemáticas, lingua castelá, lingua galega e inglés fan desdobre e agrúpanse por ciclos. Nestas asignaturas, os estudantes do colexio de A Gudiña, agrúpanse do seguinte xeito: alumnos de 1º e 2º nunha aula, 3º e 4º noutra e por último os estudantes de 5º e 6º. Curiosamente todos os estudantes de 5º son nenos e os estudantes de 6º son nenas. O equipo directivo afirma que "este agrupamento vai en detrimento da calidade do ensino, pero ao ter tan pouco alumnado e non chegar ás ratios, non queda outra que o agrupamento". En educación secundaria hai catro aulas, 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO.

Este centro educativo conta con cociña propia, xestionada directamente pola Xunta de Galicia, teñen cociñeira e axudante de cociña, onde elaboran saudables menús. A comunidade educativa valora moito poder ter cociña propia.

Como novidade destacar que este ano, todos os cursos de educación primaria, están a traballar nun proxecto interdisciplinar, que axuda aos nenos a viaxar polos distintos países nos que se celebraron os mundiais de fútbol. 

Ao mesmo tempo, en educación secundaria están a traballar nun proxecto de innovación educativa titulado: “O galego traspasando fronteiras”.

Destacamos deste centro educativo a calidade humana do profesorado e do alumnado e a implicación das familias nas actividades do centro. " Ao ter tan pouco alumnado e moi fácil chegar a el e ter una trato máis cércano á vez que tamén se traballa moito mellor sobre todo na ESO", afirman dende a direción. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar