Imprimir

Accidentes da natureza

Carmen Vázquez | 14 de marzo de 2019

Aurora Boreal.
Aurora Boreal.

Cal é o lugar idóneo para poder ver unha Aurora Boreal? Canto miden as cataratas Victoria?

O Gran Val do Rift - Segue formándose na actualidade?

Un rift fórmase a raíz dunha distensión da corteza terrestre provocando unha separación das placas tectónicas. A raíz de esta distensión crease unha nova corteza tectónica que pode ir formando diversas cadeas montañosas. 

Este é o caso do rift de África, xurdiu a raíz dunha fractura xeolóxica hai máis de 30 millóns de anos no sur deste continente. A súa extensión é de 4830 km de norte a sur por onde se van sucedendo diversos lagos cunha riqueza e biodiversidade enormes xa que neles habitan máis de 800 especias e créese que aínda quedan moitas por descubrir. Todo este sistema de lagos do rift foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 2011.

Debido a que as placas tectónicas están en constante movemento, o val de rift actualmente segue aumentando a súa expansión. Os temblores e as emersións volcánicas provocan que a corteza cada vez se vaia facendo máis fina e aparezan diferentes fenómenos volcánicos que seguen creando fallas.

Os investigadores consideran que de seguir aumentando a súa extensión a este ritmo é moi probable que dentro de 10 millóns de anos o val quede inundado polas augas do océano de forma completa e se produza un un subcontinente separado polas dúas placas que a día de hoxe formaban o rift.

Aurora Boreal - Cal é o lugar idóneo para poder ver unha?

A aurora boreal trátase dun fenómenos atmosférico cargado de luz que se produce debido a que as partículas cargadas polo sol, chocan contra a atmosfera (preto dos polos). Este choque provoca a expansión de diversos golpes de luz que se poden apreciar a simple vista pola lente humana dende distintos puntos da nosa xeografía. Provocan un espectáculo de luces de diversas cores realmente fermoso. As auroras boreales prodúcense no polo norte, din que un dos sitios máis privilexiados para poder velas mellor atópase no norte de Noruega ou tamén Islandia, lugares que estean preto ó círculo polar ártico. Sen embargo estas auroras tamén se poden dar no polo sur, pero neste caso coñécense co nome de aurora austral.

 A época do ano máis idónea  para velas é durante o inverno xa que é preciso que o ceo estea escuro para poder aprecialas mellor. Durante os meses de setembro a marzo, soe ser cando mellor se poden apreciar no polo norte. E no polo sur de marzo a setembro.

Cataratas Victoria - Canto miden estas cataratas?

As cataratas Victoria atópanse facendo fronteira entre Zambia e Zimbabue e son coñecidas por ser as máis grandes do mundo. En total agrúpanse en 5 cataratas constituíndo unha extensión de 1708 metros de ancho e 108 de altura.

O nome orixinal destas cataratas realmente é Mosi- oa- Tunya pero recibiron o nome de cataratas Victoria debido a que un explorador escocés chamado Livingstone cando as visitou decidiu rebautizalas con ese nome en honor á reina Victoria . Máis concretamente na isla de Livingstone (chamada así polo explorador) é onde se atopan unhas das piscinas naturais máis coñecidas e o mesmo tempo máis perigosas do mundo, son as coñecidas  co nome de “piscinas del diablo” é dende alí onde mellor se poden apreciar as cataratas.

Dado que se atopan entre Zambia e Zimbabue, ambos países teñen cadanseu parque nacional para poder visitalas, Victoria Falls National Park en Zimbabue e Mosi-Oa- Tunya National Park en Zambia. Existe unha ponte a “Victoria Falls Bridge” para poder cruzar entre ambos países.

As cataratas Victoria tamén foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1989.

Santo Ángel - Por que ten ese nome?

Neste caso a cascada Salto Ángel é a máis alta do mundo. As máis grandes por extensión son as Victoria, pero por altura gana esta xa que en total son 979 metros de caída.

Atópase no Parque Nacional de Canaima, o cal foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1994.

A etnia pemona (indíxenas da zona) chámana Auyantepuy que significa “Montaña do inferno”, ten unha altitude de 2.535 metros e unha superfice de 700 km cadrados.

Sen embargo cando se fixo mundialmente coñecida foi no ano 1935 cando un aviador norteamericano chamado Jimmi Angel, estrullou a súa avioneta na cima do tepuy converténdose na primeira persoa que que pisaba a cima desa montaña e que viviu para poder contalo. A raíz dese acontecemento esta catarata recibiu o nome de Salto Ángel en honor a este aviador.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/xornal-escolar/accidentes-da-natureza/20190314110725860155.html


© 2019 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons