POLITICA

Carballeda de Avia terá tres edís con dedicación

Os tres concelleiros encargaranse das Áreas de Urbanismo e Obras Públicas; Xuventude e Deporte; Muller e Igualdade

A Corporación municipal de Carballeda de Avia deu o visto bó ó nomeamento, por parte do rexedor do Concello, o socialista Luis Milia, dos concelleiros Noemí Alonso e Daniel González como primeiro e segundo tenente de alcalde, respectivamente, e das delegacións neles das responsabilidades correspondentes, así como do resto de edís do equipo de goberno.

Deste xeito, Noemí Alonso encargarase das áreas de Urbanismo, Ordenación Forestal, Obras Públicas, Persoal e Contratación, cometido polo que se lle asigna unha dedicación parcial dun 75% da xornada, pola que percibirá 1.064,41 euros brutos mensuais, que suman 12.772,92 euros anuais. Pola súa banda, Daniel González será o delegado municipal de Medio Ambiente, Protección Civil e Prevención e Extinción de Incendios, se ben non recibirá soldo.

O concelleiro José Martínez Bueno será o responsables dos departamentos de Xuventude, Voluntariado e Deportes, con un 25% de dedicación, que supón 354,81 euros ó mes e 4.257,72 euros anuais, mesma cantidade que percibirá Rebeca Rodríguez Vidal no seu cometido de Promoción da Muller, Igualdade e Participación Cidadá.n

Te puede interesar